O mapa que revela a idade media de Galicia en Europa

Os últimos datos de Eurostat amosan que a idade media dos galegos medrou en dous anos dende 2014

Este mapa amosa a evidencia de que Galicia está entre as rexións máis envellecidas de Europa. Presenta as rexións europeas pola súa idade media, segundo os datos de Eurostat. As cores vermellas escuras de Lugo e Ourense continúan por Zamora e a rexión portuguesa de Tras-os-Montes. Para atopar unha concentración de poboación envellecida así hai que fixarse no leste de Alemaña, onde a migracións dos mozos cara ás rexións do oeste fai que suba a idade media nos territorios da antigua República Democrática.

A idade media en España é de 43 anos, situada entre as máis altas de Europa. Pero Galicia racha con estas cifras, cunha idade media de 47,5 anos, segundo Eurostat. Ademais, esta idade medrou en case dous anos nos últimos cinco anos. No 2014, a idade media de Galicia era de 45,6 anos.

Publicidade

Lugo e Ourense presentan as maiores cifras de envellecemento. Son das poucas provincias de Europa que superan os 50 anos de idade media: 50,7 e 51,8 respectivamente.

A idade media na Coruña é de 47,3 anos despois de subir case dous dende 2014 (45,5 anos). Pola súa banda, a provincia de Pontevedra é a máis nova do país, cunha idade media de 45,6 anos. Son máis de seis anos menos que en Ourense.

Publicidade

O ritmo de crecemento da idade media en Galicia avanza nos últimos anos a gran velocidade, como demostran as novas cifras de Eurostat que se poden consultar aquí.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os mapas da vellez en Galicia: estes son os concellos con maior poboación de 65 anos ou máis

A esperanza de vida ao nacemento na provincia de Pontevedra é a máis elevada do territorio galego, pois chega á idade de 84,13, mentres que Ourense queda en 83,88

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

Un científico galego revela que os virus máis agresivos actúan como ‘aceleradores’ do envellecemento

O equipo no que traballa Rubén González no Instituto Pasteur de París realizou un experimento en moscas da froita e demostrou que a idade biolóxica dos insectos permaneceu elevada pese á eliminación do patóxeno