A viaxe do día: o berce do eucalipto en Galicia

O Avó de Chavin. Imaxe: Rodrigo Rega / Wikicommons.
O Avó de Chavin. Imaxe: Rodrigo Rega / Wikicommons.

O Avó de Chavín non ten culpa de todo o que veu despois. Arredor do ano 1860, uns industriais desta zona plantaron unha árbore que acababa de chegar a Galicia desde as antípodas. Dicían que era moi boa para reter auga, e a aquela zona inundábase con frecuencia. Máis de seiscentos exemplares de eucalipto poboan hoxe en día este lugar, situado á beira dun río que, un pouco máis adiante, acolle a finais de agosto unha multitudinaria romaría.

No ano 2000, este enclave, que engloba unhas 3,2 hectáreas, foi declarado Monumento Natural pola súa maxestosidade. O Avó, incluído tamén no Catálogo de Árbores Senlleiras, mide máis de 70 metros de altura e ten un perímetro na base que supera os 10 metros. Precísanse varias persoas para rodealo.

Publicidade

Moi preto de aquí celébrase esta fin de semana un festival de música de sona internacional.

Sabedes onde estamos hoxe?

Publicidade

A resposta, nesta ligazón.

 

 

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes