
Hai un detalle importante que hai que ter en conta para visitar este lugar: é preciso pedir permiso e seguir só as rutas indicadas. Pero toda precaución paga a pena. Nestas montañas xa redondeadas pola erosión campan especies de toda a cadea trófica, desde pequenos herbívoros ata o lobo, que se move con plena liberdade pola zona. Son, en total, preto de 6.000 hectáreas sen presenza humana.
A vexetación é outro dos elementos cativadores deste lugar: bidueiros, carballos, queiroas e outras especies arbóreas autóctonas cobren de vida os cumios e os vales. Tamén hai espazo para ver vestixios do período glaciar, con restos de morenas.
Sabedes en que espazo natural estamos hoxe? Nesta ligazón poderedes saber máis.
Esto é a Serra de Queixa-Invernadoiro. O cumio rochoso da dereita é Castelo Cerveira cuxo topo xamais foi coberto polos xeos glaciares. A esuwerda a divisoria marca o limite entre a masa de xelo de Serra de Queixa mentras desde onse se quitou a foto é o dominio glaciar de Invernadoiro. Hai algo mais que moreias na zona. Hai inmensos depósitos subglaciares (na foto eses releves planos sobre os que medra a herba son os depósitos de lodgment tiil (till subglaciar) mas potentes de toda Galicia e Norte de Portugal. Nesta zona foi onde se fixeron as primeiras datacións en toda Europa utilizando isótopos cosmoxénicos (21Ne) que permitiron datar por vez primeira o glaciarismo galego.
A ligazón non funciona