Estas son as mellores imaxes científicas de 2017

Imaxe: Teresa Zgoda/Nikon Small World.
Imaxe: Teresa Zgoda/Nikon Small World.
Imaxe:Jesse Delia/Boston University.
Imaxe:Jesse Delia/Boston University.

Facendo balance do 2017 que acaba de finalizar, a revista Nature publicou na súa web unha selección das 14 mellores imaxes científicas do ano. O eclipse de agosto, abraiantes imaxes microscópicas e instantánteas con marabillas da natureza do planeta aparecen nesta selección. Estas son as 14 fotografías escollidas.

O eclipse solar de agosto

Imaxe: NASA/SDO.
Imaxe: NASA/SDO.

O eclipse de agosto foi especialmente seguido nos Estados Unidos, xa que percorreu o país de costa a costa. Tamén puido verse parcialmente en Galicia. Esta imaxe foi captada polo telescopio Solar Dynamics Observatory da NASA.

Publicidade

Unha ‘solitaria’ que asusta

Imaxe: Teresa Zgoda/Nikon Small World.
Imaxe: Teresa Zgoda/Nikon Small World.

O becho da foto parece un monstro de lenda, mais é moi real. Tan real, que pode vivir no interior do corpo humano. Esta Taenia solium é unha das especies parasitas do intestino humano, a coñecida como solitaria. Esta imaxe foi unha das finalistas do concurso Nikon Small World.

As frechas da calcita

Imaxe: David Green/RPS Images for Science.
Imaxe: David Green/RPS Images for Science.

Un microscopio electrónico de varrido captou este curioso patrón de crecemento no cristal de calcita. Este proceso está dirixido por unha proteína que se une á superficie do cristal e modela o seu desenvolvemento.

Os matices da Anemone

Imaxe: Craig Burrows.
Imaxe: Craig Burrows.

Unha fotografía tomada con luz ultravioleta revela os matices ocultos na cor dunha flor do xénero Anemone.

A cadeira do polbo

Imaxe: Michael B. Hardie/Smithsonian.
Imaxe: Michael B. Hardie/Smithsonian.

Un bo exemplo da interacción entre especies. Un polbo viaxa no lombo dunha tartaruga nas augas de Hawaii.

O Sol, tras a antena

Imaxe: Reuben Wu.
Imaxe: Reuben Wu.

Na illa de Svalbard, en Noruega, o astro rei, no solpor, proxecta a súa luz detrás da antena que recolle os datos do satélite Joint Polar, lanzando en novembro pola NASA, para recoller datos sobre o clima.

Voo de faíscas

Imaxe: Robert Lamberts/Plant & Food Research.
Imaxe: Robert Lamberts/Plant & Food Research.

A través do método de electrospinning, unha carga eléctrica extrae fibras dun líquido e, de paso, crea un pequeno espectáculo de fogos de artificio.

O fósil devanceiro

Imaxe: Jian Han.
Imaxe: Jian Han.

Saccorhytus coronarius foi descrito en xaneiro de 2017 no sur da China. Este fósil, retratado a escala milimétrica, foi unha das imaxes científicas do ano, xa que podería ser o membro máis antigo coñecido dos deuteróstomos, o grupo de animais que inclúe aos vertebrados.

Un embarazo transparente

Imaxe:Jesse Delia/Boston University.
Imaxe:Jesse Delia/Boston University.

A morfoloxía desta ra de cristal (Hyalinobatrachium colymbiphyllum) permite amosar a través do seu ventre transparente os ovos que fican no seu interior.

O peso da célula

Imaxe: Martin Oeggerli/micronaut.ch/ETH Zurich/University of Basel.
Imaxe: Martin Oeggerli/micronaut.ch/ETH Zurich/University of Basel.

En outubro, investigadores suízos publicaron esta escala deseñada para detectar as mínimas fluctuacións na masa dunha célula viva.

O foguete que volve á Terra

Imaxe: SpaceX.
Imaxe: SpaceX.

A empresa estadounidense conseguiu desenvolver foguetes reutilizables, como  o Falcon 9, que na imaxe toma terra nun barco no océano Pacífico en xaneiro, despois de poñer en órbita varios satélites.

Zona de illamento

Imaxe: Ju Huanzong/Xinhua.
Imaxe: Ju Huanzong/Xinhua.

Como parte do programa espacial chinés, un grupo de voluntarios foron recluídos en maio no China’s Lunar Palace 1, en Pekín, para desenvolver probas que simulaban unha misión lunar.

Abismo laranxa

Imaxe: Tom St George/Caters News.
Imaxe: Tom St George/Caters News.

Os cenotes son curiosas formacións xeolóxicas, propias de sistemas cársticos, onde a auga cobre furnas subterráneas. Neste cenote, en Tulum, no Caribe mexicano, as chuvias torrenciais e a auga procedente dos bosques próximos tinguiron de laranxa a paisaxe.

Recuperando os corais

 

Imaxe: Spencer Lowell/Trunk Archive.
Imaxe: Spencer Lowell/Trunk Archive.

Este proxecto, nas augas de Florida, pretende recuperar as barreiras coralinas a través da plantación de máis de 400 ‘árbores’ no fondo mariño, no marco dun perigo global debido ao quecemento das augas e a acidificación dos océanos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.