Abraiantes raios X desde o cúmulo galáctico Perseo

Créditos da imaxe: raios X: NASA/CXO/Oxford University/J. Conlon et al.; Radio: NRAO/AUI/NSF/Univ. de Montreal/Gendron-Marsolais et al.; Visual: NASA/ESA/IoA/A. Fabian et al.; DSS
Créditos da imaxe: raios X: NASA/CXO/Oxford University/J. Conlon et al.; Radio: NRAO/AUI/NSF/Univ. de Montreal/Gendron-Marsolais et al.; Visual: NASA/ESA/IoA/A. Fabian et al.; DSS

Explicación: por que brilla o cúmulo galáctico Perseo tan estrañamente nunha cor específica de raios X? Ninguén está seguro, pero unha hipótese moi debatida sostén que eses raios X son un indicio da identidade da materia escura, buscada por moito tempo. No centro deste misterio está unha cor de raios X de 3,5 Kilo-electronvoltios(KeV) que semella brillar de xeito excesivo só cando as rexións moi exteriores do centro do cúmulo son observadas, toda que vez que a zona que arrodea directamente un probable burato negro supermasivo central é realmente deficiente en raios X de 3,5 KeV. Unha solución proposta, bastante controvertida, é que podería estar presenta algo nunca visto antes: materia escura fluorescente (FDM). Esta forma de materia escura de partículas podería ser quen de absorber radiación X de 3,5 KeV. De existir a FDM, trala absorción podería emitir eses raios X desde todas as partes do cúmulo, creando unha liña de emisión. Porén, cando se mira superposta por diante da rexión central que arrodea ao burato negro, a absorción da FDM sería máis destacada, creando unha liña de absorción. Na imaxe, unha imaxe composta do cúmulo galáctico Perseo amosa a luz visible e de radio en vermello, e a luz de raios X captada polo observatorio Chandraque orbita á Terra en azul.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman