Matanza masiva de koalas para salvalos

A clamidia é unha bacteria que ten ós koalas en perigo de extinción. A súa infección provoca infertilidade e nos últimos anos levou a un dramático descenso da súa poboación. Por iso, científicos australianos defenden que unha campaña agresiva de sacrificio axudaría a combater esta doenza. "Tratar a aqueles que están moderadamente enfermos e matar aos que teñen a enfermidade avanzada e non é posible tratar con antibióticos, provocará finalmente un aumento no número de koalas", dixo o xefe dos investigadores, David Wilson, da Universidade de Nova Gales do Sur. Unha investigación realizou centos de estudos de simulación na poboación de koalas de Moreton Bay, no nordés australiano, en diversos escenarios, que incluíron desde o tratamento dos animais infectados con clamidia ata a matanza sistemática dos exemplares sen viabilidade. "As simulacións suxiren que existe unha forte posibilidade de eliminar a clamidia na poboación nun prazo de catro anos", segundo este estudo publicado na revista científica 'Journal of Wildlife Diseases. O número de koalas en estado salvaxe varían, segundo as distintas estimacións, entre varios centenares de miles a uns 40.000, aínda que o seu número continúa decrecendo.
A clamidia é unha bacteria que ten ós koalas en perigo de extinción. A súa infección provoca infertilidade e nos últimos anos levou a un dramático descenso da súa poboación. Por iso, científicos australianos defenden que unha campaña agresiva de sacrificio axudaría a combater esta doenza. “Tratar a aqueles que están moderadamente enfermos e matar aos que teñen a enfermidade avanzada e non é posible tratar con antibióticos, provocará finalmente un aumento no número de koalas”, dixo o xefe dos investigadores, David Wilson, da Universidade de Nova Gales do Sur. Unha investigación realizou centos de estudos de simulación na poboación de koalas de Moreton Bay, no nordés australiano, en diversos escenarios, que incluíron desde o tratamento dos animais infectados con clamidia ata a matanza sistemática dos exemplares sen viabilidade. “As simulacións suxiren que existe unha forte posibilidade de eliminar a clamidia na poboación nun prazo de catro anos”, segundo este estudo publicado na revista científica ‘Journal of Wildlife Diseases’. O número de koalas en estado salvaxe varían, segundo as distintas estimacións, entre varios centenares de miles a uns 40.000, aínda que o seu número continúa decrecendo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os casos de clamidia dispáranse en Galicia e aumentan un 46% en só un ano

Un cambio de tendencia na última década provoca que se multiplique por cinco a incidencia do gonococo e se incrementen os casos de sífile

Galicia, pioneira en usar a vacina da meninxite B contra a gonorrea

A medida servirá de referencia ante o vertixinoso aumento de afectados por infeccións de transmisión sexual

A gonorrea aumentou un 350% en Galicia en seis anos: “Pode estar infradiagnosticada”

A xinecóloga Efigenia Arias alerta do "aumento escandaloso" de infeccións de transmisión sexual e atribúeo á perda do medo fronte á sida

Así é unha pelexa entre polbos: captan por primeira vez como se lanzan area entre eles

Un equipo australiano cre que este comportamento é intencionado e podería ser unha nova forma de comunicación