Lugo recupera as imaxes da Operación Muralla Limpa

Edificios en proceso de demolición na Operación Muralla Limpa de 1972. Fotos: José Luis Vega/Arquivo Histórico Provincial.
Edificios en proceso de demolición na Operación Muralla Limpa de 1972. Fotos: José Luis Vega/Arquivo Histórico Provincial.

A muralla romana de Lugo é Patrimonio Nacional dende 1921, e Patrimonio da Humanidade da Unesco dende o ano 2000. Pero outra data capital na súa historia foi a de 1971, cando se acometeu a chamada ‘Operación Muralla Limpa’, que permitiu retirar ducias de construcións anexas aos muros milenarios. Entre 72 e 80 casas (segundo o cómputo) foron derrubadas e quedaron liberados 1.058 metros lineais, prácticamente a metade do seu perímetro.

A Operación Muralla Limpa tivo un coste elevado para a súa época: gastaron 281 millóns de pesetas, equivalentes a 1,69 millóns de euros.

Publicidade

Para recordar esta acción que devolveu o esplendor ás murallas, a Xunta de Galicia organizou en decembro unha exposición, integrada por fotografías que formaban parte dos fondos inéditos de José Luis Vega Fernández. Organizada polo Arquivo Histórico Provincial, esta selección de imaxes supón unha viaxe no tempo cara unha das accións de defensa do patrimonio histórico máis senlleiras da historia de Galicia.

2 COMENTÁRIOS

  1. Recordo todo esto e ter que colocar alguha antena de radio nos tellados de esas casa , porque habia cafeterias e bares , tamen teño pasado da muralla os tellados
    de algun taller adosado a muralla , algun bar tiña a bodega feita na parede da muralla . Esto traeme muitos recuerdos da infancia , son fotos que sempre conservarei

  2. Unhas imaxes elexidas e breves dados precisos, reficten a enorme dimensiòn do traballo acometido hai xa case 50 anos.
    Gracias por abrir-nos os ollos con esta intelixente e diďàctica pubkicaciòn

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos