Eclipse no amencer lunar

Créditos da imaxe e copyright: Neelam e Ajay Talwar
Créditos da imaxe e copyright: Neelam e Ajay Talwar

Explicación: esta fotografía atmosférica dun horizonte afastado cara o alto cumio Trisul das nevadas montañas himalaias da India. Tirada desde unha localidade remota o 31 de xaneiro, a estrela máis brillante Sirio alumea na parte superior dereita. A Lúa vermella erguéndose está a planear pola sombra da Terra durante a eclipse lunar total moi ben anticipada. A eclipse, gozada por toda a parte nocturna do planeta, foi o primeiro de dúas eclipses totais lunares de 2018, dando comezo a un bo ano para os observadores lunares. Pero este foi un premio estraño. A Lúa eclipsada tamén se facía grande preto do perixeo, o punto máis achegado na súa órbita, durante a segunda Lúa chea do mes, denominada tamén coma Lúa azul. Na eclipse total lunar do 27 de xullo de 2018 a Lúa chea estará moi preto do apoxeo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación