Lixo sen fronteiras nunha praia da Costa da Morte

En menos dun quilómetro da praia de Traba, en Laxe, aparecen restos de envases procedentes de países de Europa, Asia ou Sudamérica

Ao tempo que segue falándose da Costa da Morte como a fin da terra, decenas de millas mar adentro segue discorrendo unha das autopistas marítimas máis transitadas do planeta. Desde hai máis dun século existen crónicas de como as crebas, os restos de naufraxios ou cargas de barcos que o mar acaba levando ata a costa, acabaron en mans dos veciños desta zona de Galicia. Aínda que as melloras na seguridade e a tecnoloxía dos buques reduciu ao longo do tempo estes episodios, nalgunha praia seguen aparecendo, de cando en vez, as evidencias do continuo tránsito de persoas e mercadorías, que ás veces tamén se torna en catástrofe medioambiental.

“Non vai quedar no mar…”, adoitaban dicir as persoas cando se dispoñían a recoller o que o mar levara ata a costa. Chegaba, e segue chegando de todo. Alén dos bidóns do Cason ou o chapapote do Prestige, en datas máis recentes apareceu un enorme cargamento de botellas de aceite de xirasol, sofás de pel e mesmo impresoras que as veciñas non dudaron en cargar ao lombo dende a praia.

Publicidade

Porén, ás veces a mercadoría chega sen valor, e amosa unha cara menos amable e simpática. Todo tipo de envases de plástico e outros materiais inundan os areais das zonas máis expostas ás correntes. O último episodio da chegada deste lixo sen fronteiras puido verse a pasada fin de semana nas praias de Traba e Soesto, en Laxe. Despois da sucesión de temporais no mar dos últimos días, apareceron envases fabricados en Estonia, Países Baixos, Inglaterra, Turquía ou Ecuador.

“Se a etiqueta é lexible, o envase non pode levar moito tempo no mar. Aínda que o plástico tarde moito tempo en degradarse completamente, as etiquetas deixan pronto de ser lexibles”, explica Gabriel Rosón, catedrático e profesor de Oceanografía Física na Universidade de Vigo. O experto descarta totalmente, por exemplo, que un envase puidera ter chegado á costa galega desde Turquía.

Publicidade

De onde veñen entón? “A resposta está bastante clara: case sempre é lixo que se tira desde os barcos e, nalgúns casos, perdas accidentais de carga. Pero no caso destes envases, o máis probable é que directamente os tripulantes ou pasaxeiros se desfixeran deles tirándoos directamente pola borda”, conclúe Rosón.

Aquí se poden ver algúns dos residuos atopados na praia de Traba:

Iogur de frutas fabricado en Ecuador.
Iogur de frutas fabricado en Ecuador.
Maionesa de Estonia.
Maionesa de Estonia.
Queixo fresco de Turquía.
Queixo fresco de Turquía.
Bebida soluble da multinacional Nestlé que non adoita distribuírse en Europa.
Bebida soluble da multinacional Nestlé que non adoita distribuírse en Europa.
Marca de auga de Turquía.
Marca de auga de Turquía.
Silicona con etiqueta en alfabeto cirílico e aerosol multiusos fabricado nos Países Baixos.
Silicona con etiqueta en alfabeto cirílico e aerosol multiusos fabricado nos Países Baixos.

 

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cales son as principais ameazas para a saúde global? Estes son os 17 retos para o século XXI

O Comité da prestixiosa revista médica ‘The Lancet’ identifica os riscos que poderían comprometer a supervivencia das vindeiras xeracións ata 2100

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

Unha eclipse e o último solpor: a Costa da Morte vivirá un espectáculo astronómico único en Europa

O proxecto Atlantic Sunset sitúa Galicia entre os mellores enclaves do continente para a observación do fenómeno cunha magnitude de totalidade próxima ao 99%