IXS Enterprise, a nave para viaxar a outras galaxias

IXS Enterprise
Non é unha nave da ‘Guerra das Galaxias’ ou de ‘Star Trek’. A IXS Entreprise é un proxecto real deseñado polo físico da NASA Harold White en colaboración co artista Mark Rademake para futuras viaxes intergalácticas. Aínda que o proxecto aínda está en fase experimental, os seus creadores xa o presentaron para achegarnos a idea de como serán as naves coas que a NASA quere explorar as galaxias a velocidades que, din, superarían á da luz. Para facer realidade este soño do ser humano utilizarían motores warp, creando unhas “burbullas” con dous aneis arredor da nave que romperían as leis de espazo-tempo de Einstein. Os científicos xa están a experimentar en xerar estas burbullas a pequena escala no Centro Espacial Johnson da NASA. White di estar convencido de que se o seu sistema funciona, unha nave tripulada podería chegar a Alfa Centauri —o sistema estelar más preto do Sol— en tan só dúas semanas. | Imaxe: Mark Rademaker/NASA.
IXS Enterprise
Os debuxos da IXS Enterprise son obra do ilustrador 3D Marcos Rademaker, cuxo deseño frontal da nave tomou certa inspiración da de ‘Star Trek’. No deseño aprécianse os aneis que rodean a nave e que terían a tarefa de formar o empurrón warp. | Imaxe: Mark Rademaker/NASA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira