Unha imaxe do galego Fins Eirexas, finalista no concurso de astrofotografía de Greenwich

A foto é unha das 150 seleccionadas entre máis de 4.500 enviadas ao certame da prestixiosa institución londinense

No mes de xaneiro, en plena escalada de restricións por unha nova vaga da pandemia da Covid-19, os afeccionados á astrofotografía tiñan importantes limitacións para desprazarse a ceos ‘limpos’ de contaminación luminosa. Mais iso non impediu a Fins Eirexas captar desde Vidán, nas aforas de Santiago de Compostela, unha fotografía que acaba de ser seleccionada como unha das 150 finalistas do Astronomy Photographer of the Year, un dos certames de astrofotografía máis prestixiosos do planeta, que convoca Royal Museums Greenwich, a institución londinense que acolle catro dos museos desta localidade da contorna da capital británica, onde se atopa o Real Observatorio.

A imaxe de Eirexas, que titulou Ikebana, en referencia á arte floral xaponesa, amosa as galaxias de Andrómeda (M31) e do Triángulo (M33) dúas das máis brillantes no ceo terrestre. No centro, tamén brillante, obsérvase a estrela de Mirach, unha das máis visibles da constelación de Andrómeda. E en primeiro termo (de aí a referencia a Ikebana), os garabullos nus dun carballo. “Apetecíame facer unha composición minimalista, e como no inverno a galaxia de Andrómeda está moi baixa, pensei en compoñer a imaxe como se as estrelas fosen as flores do arranxo floral, buscando esa simetría”, explica o autor da foto. A obra de Fins Eirexas amosarase na exposición de Greenwich xunto a todas as fotos finalistas, e incluirase no libro que todos os anos recolle as mellores imaxes presentadas ao certame.

Publicidade

Eirexas explica que a técnica para obter esta imaxe foi “sinxela, con materiais non específicos da astrofotografía”. Nos últimos anos, Fins Eirexas acadou varios recoñecementos en certames como o de Ceos Galegos, que reúne a afeccionados galegos á astrofotografía. E tamén captou recentemente outros curiosos fenómenos en Galicia, como o do mar de ardora, o pasado verán, na praia de Carnota.

VÍDEO. Así corusca a ardora no mar de Carnota

O certame Astronomy Photographer of the Year tamén contou nos últimos anos coa presenza como finalistas de varios autores galegos, comoDani Caxete ou Carlos F. Turienzo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A eclipse solar vista dende o espazo: así é a sombra que se proxectou sobre a Terra

As imaxes do Meteosat de terceira xeración, tomadas a 36.000 quilómetros de altitude, amosan o camiño da Lúa xusto antes da chegada da noite

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado

Estas son as fotos do ceo máis sorprendentes do ano

O concurso anual do Observatorio Real de Greenwich outorgará dous premios especiais e outro ao mellor astrofotógrafo o día 15 de setembro