Esta é a imaxe de maior resolución feita en Marte

A "Curiosity" recolleu entre o 24 de novembro e o 1 de decembro de 2019 unha imaxe de 1,8 millóns de píxeles dunha paisaxe do planeta vermello

A NASA difundiu esta semana a que é a imaxe con maior resolución tomada ata agora da superficie de Marte. A Curiosity, o vehículo co que a axencia estadounidense está explorando o planeta vermello, realizou un mosaico de máis de 1.000 imaxes que compoñen unha fotografía en 360º e 1,8 millóns de píxeles.

A fotografía, tomada durante seis horas e media en varios períodos entre o 24 de novembro e o 1 de decembro de 2019, retrata a rexión Glen Torridon, unha zona próxima ao monte Sharp. A través dunha ferramenta especial (que podes ver nesta ligazón), a imaxe permite achegarse e comprobar a resolución sen precedentes da toma. Ademais, o Jet Propulsion Laboratory difundiu un vídeo en 360º no que se pode ver toda a fotografía.

Publicidade

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman