Situación de Lorenzo na mañá deste domingo. Fonte: Eumetsat.
Situación de Lorenzo na mañá deste domingo. Fonte: Eumetsat.

Unha imaxe histórica: nunca un furacán categoría 5 estivo tan preto de Europa

Lorenzo xera ventos de ata 260 quilómetros por hora e achégase ás Illas Azores, onde podería deixar danos a partir deste martes

“Lorenzo é agora mesmo un furacán extremadamente potente de categoría 5. É o furacán máis forte desde que hai rexistros situado tan ao norte e o leste na bacía do Atlántico”, apuntou esta  madrugada a través da súa canle de Twitter o Centro Nacional de Furacáns (NHC) dos Estados Unidos. Despois de sorprender pola súa anómala traxectoria cara ao leste, os meteorólogos seguen con gran atención ao fenómeno debido á potencia que está acadando nas últimas horas.

Os últimos datos publicados polo NHC falan de ventos de ata 260 km/h. Por agora, a súa traxectoria apunta a que golpeará as Illas Azores entre o martes e o mércores, aínda que xa debilitado, pero con forza suficiente para causar danos no arquipélago. E  ademais, a forza xerada por Lorenzo podería facerse notar xa en forma de mar de fondo en moitas partes do Atlántico norte, segundo apuntan desde A Axencia Estatal de Meteoroloxía.

Porén, a pesar da incerteza, os modelos probabilísticos non o sitúan, por agora, con perspectivas de afectar a Galicia. A traxectoria máis probable, despois de pasar polo oeste dos Azores, é que continúe en diagonal cara a Irlanda, pero convertido xa en borrasca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.