As novas fotografías do James Webb amosan unha galaxia anana con maior precisión

O telescopio espacial da NASA consegue capturar con detalle a Wolf Lundmark Melotte, a tres millóns de anos luz da Terra

O telescopio James Webb da NASA, lanzado por vez primeira o 12 de xullo de 2022, continúa revelando novos descubrimentos e avances científicos. Desta volta, o programa James Webb Space Telescope Early Release Science (ERS), de entre as moitas áreas de investigación nas que se centra, abordou o estudo das poboacións estelares resoltas. Así, este instrumento óptico capturou unha nova galaxia anana, a Wolf Lundmark Melotte (WLM) que, anteriormente, xa fora fotografada polo telescopio espacial Spitzer, pero cuxas imaxes presentaban unha resolución moi limitada.

A WLM atópase, aproximadamente, a tres millóns de anos luz da Terra, de forma que, en termos astronómicos, está bastante próxima á Vía Láctea. Así mesmo, esta galaxia encóntrase relativamente illada, o que conduce os astrónomos a concluír que nunca antes interactuou con outros sistemas.

Publicidade

Kristen McQuinn, unha das principais científicas do programa Webb ERS, expón que o enfoque científico principal deste estudo é “aproveitar a experiencia previa desenvolvida con Spitzer, Hubble e outros telescopios espaciais para aprender máis sobre a historia da formación de estrelas nas galaxias”. Deste modo, a WLM é unha boa candidata para que os astrónomos proben as teorías de formación e evolución de galaxias.

Con todo, esta nova observación demostra que é posible unha vista moito máis profunda e detallada do espazo que permite diferenciar estrelas e características individuais.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos