Comproba o que fotografou o Hubble no teu aniversario

Unha páxina web da NASA amosa cal é a fotografía máis especial captada, ao longo dos seus 30 anos, polo Telescopio Espacial no día do noso nacemento

24 horas ao día, 7 días á semana dos 365 días ao ano. Nos máis de 30 que leva en órbita, o Telescopio Espacial Hubble, un dos observatorios espaciais máis lonxevos e valiosos da NASA, ten captado imaxes astronómicas transcendentais durante décadas. Isto significa que, sen dúbida, foi quen de fotografar algún fito cósmico cada un dos días do ano. Logo, tamén no aniversario de cada un de nós.

Para comprobalo, e con motivo das tres décadas de exploración espacial, a NASA habilitou a páxina What did Hubble See on Your Birthday?, na que é posíbel coñecer a imaxe da nosa data de celebración. Deste xeito, con só indicar o mes de nacemento e o día, o portal desvelará a fotografía máis significativa. Amais, a imaxe vén acompañada dunha breve información, que pode ser ampliada, sobre o ano de captación, a galaxia e o propio fenómeno retratado.

Publicidade

Imaxe seleccionada para o día 24 de novembro. Foto: NASA
Imaxe seleccionada para o día 24 de novembro. Foto: NASA

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira