Este encontro de dous ratos no metro gaña o premio mundial Wildlife

O fotógrafo Sam Rowley recibiu o galardón do público no certame que organiza o Museo de Historia Natural de Londres por unha foto nunha estación da cidade

Durante varias noites, o fotógrafo Sam Rowley, que se dedica a fotografar escenas da natureza, decidiu buscar un novo escenario para o seu traballo, no que retratar outro tipo de fauna que a moitos humanos lles resulta máis desagradable. Así, pasou varias noites percorrendo o a rede do metro de Londres, un lugar polo que pasan arredor de dous millóns de persoas cada día, e onde tamén viven outros seres moito máis pequenos, os ratos.

Nunha desas noites xurdiu, de súpeto, ese momento que adoita aparecer cando hai alguén cunha cámara e cargado de paciencia: dous ratos erguéronse para loitar por unha migalla de comida, e Sam Rowley capturou o instante. A fotografía valeulle o premio do público do Wildlife Photographer of the Year, un dos certames de natureza máis importantes do mundo, que convoca o Museo de Historia Natural de Londres. A fotografía dos ratos foi a gañadora dunha votación entre unha selección de 25 imaxes das máis de 48.000 que se presentaron ao certame.

Publicidade

O director do museo londinense, Sir Michael Dixon, dixo que “a imaxe de Sam achega unha mirada fascinante de como a vida salvaxe funciona nunha contorna dominada polo ser humano. O comportamento dos ratos está modelado pola nosa vida cotiá, o transporte que usamos e a comida que estragamos”.

As impactantes fotos gañadoras do Wildlife Photographer of the Year

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Jack O Destripador estivo na Coruña? Así o contaron os xornais da época

Os diarios británicos fixéronse eco da presunta chegada do asasino á cidade herculina, e relacionárono coa desaparición de dúas rapazas

Non só en luces led de Nadal: Vigo supera a Londres en néboa e chuvia

A cidade olívica case triplica o número de litros de auga por metro cadrado recollidos de media ao ano en comparación con Londres

En busca da cura para a borracheira: un novo fármaco elimina os efectos do alcohol en ratos

A hormona FGF21 contrarresta a perda de conciencia e a falta coordinación provocadas pola inxesta de alcohol

Neuronas humanas implantadas en ratas responden a estímulos visuais

Investigadores estadounidenses conseguen que só tres meses despois do transplante, os animais xa poidan responder a luces intermitentes