Este mapa interactivo mostra todos os faros do mundo

Lighthouse Map é unha aplicación de libre acceso para coñecer a distribución dos xigantes que iluminan os mares

Chámase Lighthouse Map e é un mapa interactivo que mostra a ubicación de todos os faros do mundo. Distribuídos mediante círculos de cores, pódese apreciar como escintilean de maneira diferente en función do alcance da súa luz. Están perfectamente distribuídos conforme á realidade, nunha plataforma de acceso aberto para poder descubrir cales son os xigantes que iluminan os mares. Os faros que se ven neste mapa diferéncianse uns doutros polos escintileos rápidos e curtos repartidos polas costas, que permiten imaxinar o traballo que realizan para guiar os mariñeiros. Estas características de luces, segundo explica o xeográfo Víctor Bouzas Blanco na revista TYS Magazine, rexístranse empregando as etiquetas ‘marca: luz: secuencia’.

Lighthouse Map amosa a ubicación de todos os faros do mundo.

O mapa é unha creación de Geodienst, un grupo experto da Universidade de Groningen (Países Baixos) que utiliza datos de OpenStreetMap. Sorprende que de onde hai máis información é das costas de Noruega e, tamén, a cantidade de faros que existen en Europa en comparación con outras partes do mundo. Dunha ollada, un pode facerse unha idea da distancia desde onde os barcos poden ver estas sinais imprescindibles para a navegación. Como non podería ser doutra maneira, a distribución dos faros polo litoral galego é abundante. É unha ferramenta moi útil para todos aqueles aficionados do mar.

Publicidade

Faros en Galicia segundo o mapa Lighthouse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da Torre de Hércules ao Castro de Elviña: percorre o patrimonio da Coruña a través da eclipse

O concello sinala 46 puntos privilexiados dende os que se poderá vivir a fase de totalidade do fenómeno astronómico do ano

Onde están os faros da costa galega? Consúltao neste mapa interactivo

A páxina web ‘Faros de España’ permite consultar a localización e a cor da luz das estruturas costeiras en 2.555 quilómetros de litoral

Vinte graos en maio

O clima aumenta a temperatura do mar en Galicia ata acadar valores anómalos no mes de maio. Por Andrea Veiga

Os mapas dos temporais máis extremos de Galicia: Copernicus reconstrúe 80 anos de datos atmosféricos

A ferramenta europea Weather Replay permite analizar episodios históricos mediante simulacións meteorolóxicas interactivas