Esta é a primeira imaxe do telescopio James Webb

A foto retrata o cúmulo de galaxias SMACS 0723 e a NASA descríbea como "a visión máis detallada e nítida do universo primitivo"

O James Webb é o telescopio máis potente xamais creado. O seu obxectivo é coñecer as primeiras galaxias que se formaron despois do Big Bang, así como explorar a atmosfera de exoplanetas. Lanzouse a finais de 2021 despois de varios aprazamentos e agora, seis meses despois, mostra os resultados da súa fascinante viaxe: a primeira fotografía a toda cor. Segundo a NASA, é “a visión máis detallada do universo primitivo”, sendo a imaxe “máis profunda e nítida” ata o de agora. Nela aparece un cúmulo de galaxias denominado SMACS 0723 “tal e como apareceu hai 4.600 millóns de anos”. Un dos aparellos do Webb, a cámara NIRCam, permitiu enfocar con nitidez estas galaxias afastadas, que presentan estruturas diminutas e débiles que nunca antes se viran, como cúmulos estelares e trazos difusos.

Agora, os investigadores pronto comezarán a saber máis sobre as masas, idades, historias e composicións das primeiras galaxias do universo. Esta é a primeira imaxe a toda cor do James Webb, que xa fixo historia. Foi o presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, quen fixo pública a imaxe onte pola noite nun acto celebrado na Casa Branca. O conxunto completo de imaxes darase a coñecer hoxe, 12 de xullo, nunha transmisión en vivo da NASA

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo