Esta é a imaxe máis grande xamais tomada: 265.000 galaxias

O telescopio espacial Hubble viaxa 13.300 millóns de anos no tempo para amosar esta espectacular panorámica do universo

Esta é a imaxe máis grande do mundo. A maior panorámica xamais publicada. E o retratista é o telescopio espacial Hubble, que leva tres décadas agasallándonos con perspectivas espectaculares do noso universo. E agora volve sorprendernos.

Este mosaico de imaxes de campo profundo que se acaba de lanzar, amosa 265.000 galaxias e nos permite viaxar no tempo. Porque esos puntos brancos que vemos son de milleiros de millóns de anos. Son os que tardou a luz en chegar ata o noso gran telescopio espacial.

Publicidade

A imaxe tomada polo telescopio Hubble.

É probable que esta marabilla non pareza moito, pero é un enorme tramo do ceo. Se queres velo en todo o seu esplendor, podes ver este vídeo que explica as dimensións da imaxe:

Esta imaxe, chamada Hubble Legacy Field, foi descrita polo equipo como un “corredor do tempo” que nos amosa as galaxias tal como eran fai 13.300 millóns de anos, ata o momento no que o universo tiña apenas 500 millóns de anos.

Publicidade

A imaxe creouse utilizando 16 anos de imaxes de campo profundo anteriores, incluído o campo ultra profundo do Hubble. O retrato é un mosaico de case 7,.00 exposicións, e como se mostra na seguinte imaxe, cobre case o ancho da lúa chea.

Comparación do tamaño da imaxe e da Lúa chea.

A imaxe resultante ten 30 veces máis galaxias que o campo ultra profundo, e é o “libro de historia” máis completo de galaxias nunha soa imaxe.

En 2016, a NASA estendeu o programa de operacións do Hubble ata polo menos xuño de 2021. Nesta etapa, con todo, non sabemos canto tempo imos conservar en activo o gran telescopio espacial, especialmente despois dalgúns fallos recentes no sistema. Pero con esta imaxe volve amosar o seu poderío, convertido nunha das máis grandes marabillas endexamais creadas polo ser humano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos