Domingo 28 Abril 2024

Así de preto estivo Hitler de ter un programa nuclear

Un misterioso cubo de uranio que pertenceu a Heisenberg provoca unha apaixonante investigación que agora publica a Physics Today

É sabido que os Estados Unidos conseguiron a bomba atómica en boa parte grazas a un puñado de científicos alemáns. E que Hitler quixo dispoñer desta tecnoloxía, pero non chegou a tempo. Agora sabemos o preto que estivo de acadala. E a clave está neste cubo de uranio que protagoniza un estudo publicado esta semana na revista Physics Today.

Non parece moito. Este bloque de uranio mide 5 centímetros de lado. É un diminuto cubo de metal que garda un segredo revelado polos  físicos da Universidade de Maryland Timothy Koeth e Miriam Hiebert. O cubo chegou á posesión de Koeth fai máis de cinco anos, dentro dun envoltorio de papel e acompañado dunha nota intrigante. “Tomado do reactor que Hitler tratou de construír”, dicía  o texto.

Publicidade

O misterioso cubo resultou ser un rexistro da tecnoloxía nazi. “É sorprendentemente pesado, dado o seu tamaño, e sempre é moi divertido observar a reacción das persoas cando o tocan por primeira vez”, dixo Hiebert.

Pero o cubo non era único. De feito, debían existir outros 663 como este que se produciron como parte dun programa de física nuclear da Alemaña nazi a principios da década de 1940 antes de ser confiscados nunha atrevida misión aliada.

Así que Koeth e Hiebert foron a pola historia que había detrás deste bloque de uranio. E atoparon o preto e o lonxe que realmente estivo Hitler de ter un programa nuclear.

Werner Heisenberg xunto a Bohr, pai da tradicional representación do átomo, en 1934.

En 1939 , os químicos alemáns Otto Hahn e Fritz Strassmann fixeron un descubrimento histórico. O bombardeo de uranio con neutróns podería transformar o material nun elemento máis pequeno, o bario. Esta “fisión” dun átomo cambiou o mundo para sempre. No oeste, o Proxecto Manhattan perfeccionou a investigación sobre tecnoloxía de fisión para crear unha arma formidable que botaron sobre Xapón ao final da Segunda Guerra Mundial. Pero tiña tamén importantes aplicacións civís na xeración de enerxía, revolucionando a industria eléctrica.

Alemaña continuou perseguindo o seu propio obxectivo de transformar esta potente fonte de poder en algo práctico. Se tan só soubesen o que sabemos hoxe, o resultado da Segunda Guerra Mundial podería ser moi diferente. Entón, por que é tan difícil?

Para desfacerse de extraordinarias cantidades de enerxía, eses átomos de uranio necesitan manter a súa propia división. Cando un átomo rompe, arroxa neutróns que á súa vez fan que outros átomos próximos se desmoronen. Pero non todos fan isto. Algúns isótopos poden absorber neutróns e transformarse de maneiras que non contribúen ao proceso. Ademais, para que os neutróns fagan a súa maxia, deben ser o suficientemente lentos para ser absorbidos.

Tomoulle a ‘Occidente’ anos afinar esta investigación e determinar o balance correcto de isótopos e a masa crítica de uranio requirida para converter o material radioactivo nunha fonte de enerxía enorme.

En abril de 1945, só tres meses antes de que o mundo vise a explosicón da primeira bomba nuclear en Novo México, unha misión aliada na Alemaña nazi interceptou os plans de Hitler. Como parte dunha misión chamada Alsos, a carreira detrás das liñas inimigas descubriu un laboratorio experimental na cidade de Haigerloch dirixida polo famoso físico Werner Heisenberg.

Enrico Fermi, Feynman, Oppenheimer e outros físicos en Los Álamos, co proxecto Manhattan.

Cando as forzas aliadas chegaron á Haigerloch, ao suroeste de Stuttgart, os científicos alemáns xa desmantelaran o laboratorio, pero atoparon enterrados eses cubos históricos de uranio. Un deses bloques foi o que chegou ao investigador Timothy Koeth tantos anos máis tarde.

Segundo a análise de Koeth e Hiebert, o cubo de uranio non era enriquecido. Non houbo indicios reveladores de produtos de fisión, nin evidencia de que estivese en perigo de provocar unha reacción en cadea. Heisenberg sabía que non tiña material radioactivo dabondo para que funcionase o seu reactor de fisión, como revelaría nunhas notas anos máis tarde.

Pero Koeth e Hiebert fixeron un descubrimento sorprendente: Hitler tiña outro experimento en marcha, ademais do de Heisenberg.  Porque tamén se atoparon centos doutros cubos de uranio nun experimento de reactor no nordés de Alemaña. “Se os alemáns tivesen agrupado os seus recursos, en lugar de mantelos divididos entre experimentos rivais separados, poderían ser capaces de construír un reactor nuclear en funcionamento”, conclúe Hiebert.

“Isto salienta a maior diferenza entre os programas de investigación nuclear de Alemaña e dos Estados Unidos. O programa alemán estaba dividido e era competitivo; mentres que o Proxecto Manhattan estaba centralizado e era colaborativo”, engadiu o investigador.

Para ser claros, mesmo con recursos combinados, Alemaña aínda estaría moi afastada de ter unha arma nuclear ou de construir unha central nuclear. Tiñan a teoría, producida polos mellores físicos da súa época, pero non conseguiron levala á práctica.

E aquí podes consultar a investigación publicada en Physics Today.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

EEUU confirma o logro da fusión nuclear: “Simulamos unha estrela. Fixemos historia”

O Departamento de Enerxía dos EE.UU. logra, por primeira vez, que unha proba de fusión nuclear consiga producir máis enerxía da que consome

Morder a lingua… e comulgar con rodas de muíño

A posverdade e a corrección política son dous termos que naceron nas universidades estadounidenses e que representan dous síntomas da nosa “sociedade líquida”

Tres investigadores da USC realizarán estadías en EEUU grazas ás bolsas Fulbright

Carlos Ferrás Sexto, José Manuel Miranda López e Alberto Ruano Raviña participan nun programa de intercambio científico con máis de setenta anos de historia

Falece o primeiro paciente en recibir un corazón de porco

O hospital continúa investigando para coñecer a causa do pasamento, aínda que tamén recoñece os episodios infecciosos que atravesaba David Bennet