A enxeñería viguesa deixa pegada no circuíto de Silverstone

UVigo Motorsport en Silverstone
Os membros do equipo UVigo Motorsport estiveron estes días no mítico circuíto inglés de Silverstone para tomar contacto coa competición automobilística universitaria Formula Student, na que os galegos participarán na edición de 2015 cun monopraza deseñado en Vigo. Rogelio Dios, Mikel Estraviz, Marcos Fernández, Alejandro Iglesias, Josué Nanín e David González —da Escola de Enxeñería Industrial— coñeceron a fondo os equipos e os bólidos que participaron na edición deste ano no campionato internacional. Agora, comeza a conta atrás para a estrea galega na edición de 2015, na que procurarán deixar a súa pegada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cidades nas que vivir

Un estudo analiza os patróns de xentrificación en Vigo, Santiago e A Coruña

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro