Eclipse penumbral de lúa: o fuxidío fenómeno que poderás ver esta noite

O satélite, que asomará polo horizonte pasadas as 22 horas, transcorrerá durante varias horas pola zona de penumbra que a Terra proxecta coa luz do Sol

Se nesta noite, pouco despois das 22 horas, observas como sae a lúa polo sueste, é posible que notes algo raro na súa cor. Débese a unha eclipse penumbral de Lúa, un fenómeno que ten lugar cando a Terra se interpón entre o Sol e o satélite, e este último pasa pola zona na que a luz solar, por efecto da atmosfera da Terra, oscurécese e mesmo pode tomar un ton avermellado, dependendo das propias condicións da atmosfera.

En Galicia será difícil observalo con claridade, pero é posible que se albisque un ton máis escuro no bordo da Lúa. Segundo informa o Instituto Geográfico Nacional, a eclipse iniciarase sobre as 19.48 horas, e finalizará sobre as 23.04, polo que no noroeste da península ibérica, onde a Lúa sairá polo horizonte pasadas as 22 horas, só será posible observar a súa fase final.

Publicidade

Esquema da eclipse penumbral e mapa de visibilidade. Fonte: IGN.
Esquema da eclipse penumbral e mapa de visibilidade. Fonte: IGN.

Como adoita acontecer con este fenómeno, desde algúns medios bautizouse este feito como Lúa de amorodo, ao coincidir co momento da colleita do froito e ao tomar o satélite, nalgúns casos, a cor avermellada.

A diferenza das eclipses totais ou parciais, nas que a Lúa desaparece por completo, ou en parte, por mor da sombra proxectada pola Terra, a eclipse penumbral non ocultará o satélite, pero poderase observar un lixeiro escurecemento, máis sinxelo de ver mediante prismáticos ou un telescopio.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

A tripulación de Artemis II pon rumbo á casa tras establecer o récord histórico de distancia coa Terra

A nave Orión atravesa a cara oculta da Lúa e establece unha nova referencia de afastamento de 406.733 quiómetros, superando en 6.000 a Apolo 13

Unha travesía á cara oculta da Lúa: estas son as mellores imaxes da misión Artemis

A tripulación afronta dez xornadas de voo profundo con fitos históricos, illamento de comunicacións e observacións inéditas do hemiferio non visible do satélite