Dous polbos aparéanse no Aquarium Finisterrae

Un vídeo amosa a primeira e a única vez que estas criaturas mariñas se reproducen no último ciclo da súa vida

É un acontecemento inédito na vida do polbo, principalmente, porque estes animais mariños só se reproducen unha vez. Ademais, este evento cústalles a propia vida: a reprodución remata o ciclo vital do polbo e as femias morren despois de coidar os ovos. O vídeo foi tomado no Aquarium Finisterrae, concretamente na sala Maremagnum. No vídeo vese como o macho utiliza un dos seus tentáculos para depositar as súas células reprodutoras na femia.

https://twitter.com/mc2coruna/status/1621422543553941505?s=20

Nun artigo publicado en The Conversation polos científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO) Eduardo Almansa e Catalina Perales, fálase sobre este “suicidio programado” dos polbos tanto nos machos coma nas femias. É algo común nos cefalópodos. A maduración sexual nestes animais atópanse nunha parte do cerebro chamada glándula óptica, que ten que ver tamén co crecemento do animal, as reservas corporais e a tempertura, o que lles permite elixir o momento idóneo para depositar os ovos. Cando o fan, as nais deixan de alimentarse e morren por inanición e os machos, cando cumpren un ano ou ano e medio, tamén deixan de alimentarse.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.

Dúas décadas de Gastón, o tiburón touro que vive na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

O exemplar, que vive no tanque do acuario da Coruña, é un dos principais reclamos do museo científico herculino desde hai dúas décadas

O que os dentes nos ensinan sobre a evolución da vida acuática

Un percorrido pola sorprendente diversidade de estruturas orais que impulsaron adaptacións únicas nos animais acuáticos

O éxodo dos polbos: por que desaparecen en Galicia e se multiplican nas costas británicas?

A explosión de cefalópodos nas augas do Reino Unido desconcerta os expertos, que o atribúen ao aumento da temperatura do mar e á diminución dos seus depredadores naturais