Dous novos planetas máis alá de Plutón

Máis alá de Plutón poderían agacharse polo menos dous planetas descoñecidos, cunha influencia gravitacional que determina as órbitas e a estraña distribución de obxectos que se observan detrás de Neptuno. Así o revelan os cálculos astronómicos efectuados por investigadores da Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Cambridge. A confirmación desta hipótese supoñería toda unha revolución nos modelos sobre o sistema solar. Existen datos orbitais que non encaixan co modelo, "o que nos fai pensar que algunhas forzas invisibles están a alterar as órbitas dalgúns obxectos e consideramos que a explicación máis probable é que existen planetas descoñecidos máis alá de Neptuno e Plutón", explica Carlos de la Fuente Marcos, científico da UCM e coautor do traballo. Científicos de todo o mundo levan anos debatindo sobre se existen planetas tan lonxanos. Dous investigadores estadounidenses descubriron en 2013 un novo planeta anano chamado 2012 VP113 na nube de Oort, xusto máis alá do noso sistema solar. O máis sorprendente é que a súa órbita se ve influenciada pola posible presenza dun planeta descoñecido, escuro, xélido e dun tamaño que podería ser dez veces o da Terra. Esta súper Terra e outro planeta chamado Sedna (recreado nesta imaxe pola NASA) son algunhas das sorpresas que os astrofísicos esperan confirmar proximamente.
Máis alá de Plutón poderían agocharse polo menos dous planetas descoñecidos, cunha influencia gravitacional que determina as órbitas e a estraña distribución de obxectos que se observan detrás de Neptuno. Así o revelan os cálculos astronómicos efectuados por investigadores da Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Cambridge. A confirmación desta hipótese supoñería toda unha revolución nos modelos sobre o sistema solar. Existen datos orbitais que non encaixan co modelo, “o que nos fai pensar que algunhas forzas invisibles están a alterar as órbitas dalgúns obxectos e consideramos que a explicación máis probable é que existen planetas descoñecidos máis alá de Neptuno e Plutón”, explica Carlos de la Fuente Marcos, científico da UCM e coautor do traballo. Científicos de todo o mundo levan anos debatindo sobre se existen planetas tan lonxanos. Dous investigadores estadounidenses descubriron en 2013 un novo planeta anano chamado 2012 VP113 na nube de Oort, xusto máis alá do noso sistema solar. O máis sorprendente é que a súa órbita se ve influenciada pola posible presenza dun planeta descoñecido, escuro, xélido e dun tamaño que podería ser dez veces o da Terra. Esta súper Terra e outro planeta chamado Sedna (recreado nesta imaxe pola NASA) son algunhas das sorpresas que os astrofísicos esperan confirmar proximamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Como podes ver esta noite a grande aliñación planetaria dende Galicia

O 28 de febreiro os concellos das Rías Baixas terán ceos despexados, o que facilitará a observación dos corpos celestes formando un arco sobre a Terra

Investigación galega para impulsar o estudo nacional de exoplanetas e estrelas con intelixencia artificial

O CITIC e o CSIC únense para fomentar o avance de técnicas que melloren a detección e análise de corpos celestes fóra da Vía Láctea

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos