• Investigación
  • Natura
  • Saúde
  • Universidade
  • Tecnoloxía
  • Fotonautas
  • Retro
  • Destinos
  • Ceos
  • +
    • Bitácoras
    • Tribuna
    • Talento
    • Historias GC
    • mc2
    • Perspectivas
    • I+E
  • Boísimo
Procurar
  • GCiencia
    • Quen somos
    • Quiénes somos
    • About us
  • Contacto
    • Contacto [gl]
    • Contacto [es]
    • Contact [en]
  • Boletín diario
GCiencia GCiencia
GCiencia GCiencia
  • Investigación
  • Natura
  • Saúde
  • Universidade
  • Tecnoloxía
  • Fotonautas
  • Retro
  • Destinos
  • Ceos
  • +
    • Bitácoras
    • Tribuna
    • Talento
    • Historias GC
    • mc2
    • Perspectivas
    • I+E
  • Boísimo
Máis alá de Plutón poderían agacharse polo menos dous planetas descoñecidos, cunha influencia gravitacional que determina as órbitas e a estraña distribución de obxectos que se observan detrás de Neptuno. Así o revelan os cálculos astronómicos efectuados por investigadores da Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Cambridge. A confirmación desta hipótese supoñería toda unha revolución nos modelos sobre o sistema solar. Existen datos orbitais que non encaixan co modelo, "o que nos fai pensar que algunhas forzas invisibles están a alterar as órbitas dalgúns obxectos e consideramos que a explicación máis probable é que existen planetas descoñecidos máis alá de Neptuno e Plutón", explica Carlos de la Fuente Marcos, científico da UCM e coautor do traballo. Científicos de todo o mundo levan anos debatindo sobre se existen planetas tan lonxanos. Dous investigadores estadounidenses descubriron en 2013 un novo planeta anano chamado 2012 VP113 na nube de Oort, xusto máis alá do noso sistema solar. O máis sorprendente é que a súa órbita se ve influenciada pola posible presenza dun planeta descoñecido, escuro, xélido e dun tamaño que podería ser dez veces o da Terra. Esta súper Terra e outro planeta chamado Sedna (recreado nesta imaxe pola NASA) son algunhas das sorpresas que os astrofísicos esperan confirmar proximamente.
Fotonautas

Dous novos planetas máis alá de Plutón

Feuga Vinil

Dep Pont

Feuga

Vigo

🧑‍💻O mal uso da intelixencia artificial en 🧑‍💻O mal uso da intelixencia artificial en investigación é unha das preocupacións actuais da comunidade científica. Ferramentas como o xa estendido Chat GPT producen a partir dunhas pequenas indicacións artigos de todo tipo, resumos, traballos académicos e mesmo poden aprobar exames médicos. 

🧬🧪Os artigos falsos enchen a literatura científica de información non válida. Isto ten consecuencias para a ciencia e a poboación. En biomedicina, por exemplo, os médicos para implementar novos tratamentos recorren á evidencia científica, aos artigos publicados que se entenden que son verdadeiros nas súas referencias e que pasaron filtros de plaxio e falsidade documental. Se estes traballos conteñen información falsa, os resultados dos seus traballos médicos tamén.

📍Poder ler o artigo completo na ligazón da nosa bio.

#ciencia #gciencia #cienciaengalego #intelixenciaartificial #chatGPT #falsidadedocumental #artigoscientíficos #paper #investigacióncientífica #evidenciacientífica
🏔 O Teide é o protagonista indiscutible do per 🏔 O Teide é o protagonista indiscutible do perfil de Tenerife, a illa canaria na que se sitúa o sonado volcán. Ademais da fermosa paisaxe que forma esta espectacular estrutura xeolóxica, hai fenómenos meterolóxicos que contribúen a facela aínda máis impresionante. Un deles é coñecido como “o sombreiro do Teide”; unha nube estática —denominada lenticular— que se forma pola propia montaña e se modula polo forte vento que se produce nesa capa atmosférica.

📍 Podes ler o artigo completo na ligazón da nosa bio.

#ciencia #cienciagalega #gciencia #volcán #teide #tenerife #canarias #illascanarias #islascanarias #sombreirodoteide #sombrerodelteide #nube #nubes #nubelenticular #nubeslenticulares
🦠 Non está clara cal é a súa causa nin tampo 🦠 Non está clara cal é a súa causa nin tampouco ten cura, polo que a medicación é a única forma de convivir coa enfermidade. A hepatite autoinmune, considerada unha doenza rara, ten unha alta incidencia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, con 80 pacientes en seguimento. O elevado número de doentes insta aos profesionais sanitarios da zona a buscar mellores alternativas terapéuticas. 

👉 Un exemplo disto é a hepatóloga Indhira Pérez Medrano, do Servizo de Dixestivo do Hospital de Montecelo, que acaba de participar nun estudo publicado na revista 'Hepatology'. Os resultados da investigación corroboran que o medicamento budenosida é unha alternativa eficaz e con menos efectos secundarios que a prednisona, ata o de agora o fármaco de uso máis xeneralizado para tratar a hepatite autoinmune.

📍 Podes ler o artigo completo na ligazón da nosa bio.

#ciencia #cienciagalega #gciencia #hepatiteautoinmune #hepatitisautoinmune #hepatite #hepatitis #fígado #hígado #budenosida #prednisona #indhirapérezmedrano #medicación
Teñen menos sabor os peixes de acuicultura? Hai q Teñen menos sabor os peixes de acuicultura? Hai que ter coidado co mercurio? Estas son algunhas dúbidas arredor do consumo de peixe. Falamos con Ángeles Romero, da UniversidadadeUSC, na nova entrega de #DesmontandoMitos
En colaboración con Fecyt e USC

📍 Podes ler a reportaxe na ligazón da nosa bio.
Follow on Instagram
GCiencia

Subscribe to Our Newsletter

Check your inbox or spam folder to confirm your subscription.

Premio Mil Primaveras 2019

Premio da Lingua Rosalía de Castro 2019

Premio da Crítica de Galicia 2020

Premio da Crítica de Galicia 2020

Premio Prisma 2019

Premio da Crítica de Galicia 2020

Premio 3º Foro de Comunicación de Galicia

  • Boletín diario
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Máis sobre as cookies
  • Código de conduta
GCiencia
SOBRE NÓS
GCiencia é unha publicación de Ciencia Galega Industrias Creativas S.L. • CIF B27803600
SÍGUENOS
Subscríbete á divulgación

Queres recibir o noso boletín diario coas noticias de GCiencia?

Ao subscribirte aceptas recibir o noso contido e a nosa Política de privacidade. Podes cancelar a subscrición en calquera momento

Consulta agora a túa caixa de entrada ou cartafol de spam para confirmar a túa subscrición.

Edit with Live CSS
Save
Write CSS OR LESS and hit save. CTRL + SPACE for auto-complete.