Dinamitan o Acibal para construír eólicos, un monte repleto de petróglifos e pedras históricas

A plataforma Amil Sen Eólicos denuncia que aquí residía a "Pisada do Mouro", unha rocha con gravados rupestres

Son as tres da tarde dun día solleiro no monte Acibal, en Moraña (comarca de Caldas de Reis). De súpeto, unha explosión perturba a tranquilidade desta contorna natural chea de elementos patrimoniais sen protección máis alá que a que lle brindan algúns veciños. Trátase das obras que construirán ata tres polígonos eólicos, o de Acibal, o de Anduriña e o Zudreiro. Concretamente, a detonación foi no Coto do Mouro, lugar onde residía a Pedra da Pisada do Mouro que contén gravados rupestres, unha rocha ademais coa que se asocia unha das lendas deste municipio. Agora, permanece nunha caseta de obra e os veciños descoñecen que farán con ela.

A pisada do Mouro, nunha caseta de obra. Foto: Amil Sen Eólicos.

Dende a Plataforma Amil Sen Eólicos apuntan que os petróglifos e pedras históricas están sen catalogar, de maneira que as obras non están a respectar os elementos patrimoniais. Dende o pasado marzo empezáronse a atopar petróglifos e a asociación xa rexistrou máis de 50 rocas de interese histórico. Denuncian que un arqueólogo non acudise á zona a valorar estes elementos antes de dar luz verde a contrución dos polígonos eólicos. Ademais, nesta contorna tamén se están a ver afectados un humedal, o Río Rons, que nace no monte Acibal, e un rego que xa desapareceu pola instalación dunha subsestación eléctrica. Non obstante, non todo son malas noticias para o grupo de veciños e veciñas activistas, xa que conseguiron parar a colocación dun muíño que ía instalarse a dez metros dun tetrasquel.

Publicidade

“Na declaración de impacto ambiental figura que a empresa tiña que facer unha prospección antes de construír. Ou non a fixeron ou a fixeron mal”, apuntan. En maio, a plataforma presentou unha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra para poñer en coñecemento da xustiza esta situación. Para Amil Sen Eólicos, o Monte Acibal atópase nun drama medioambiental e patrimonial, de maneira que varios veciños da zona están organizados e loitan contra a instalación dos aeroxeradores. Concretamente, os terreos afectados pertecen a Moraña, pero lindan con Barro e Campo Lameiro. Norvento aprobou aquí a instalación de catro aeroxeradores, unha torre meteorolóxica e unha subestación transformadora cun edificio de control. Proximamente, construiranse o de Anduriña, con nove muíños, e o de Zudreiro, con cinco, promovidos por Green Capital Power.

  1. Tremendo. Menuda transición enerxética verde a que se está a facer. Isto é colonialismo enerxético tomando como desculpa a necesidade de descarbonizar o sistema de produción de enerxía. E as avaliacións de impacto puro papel mollado para lavarse as mans xustificando que se cumpriron os teámites administrativos. Vai a ser peor a cura que a enfermidade…

  2. Esta xente ten nomes e apelidos, as direccións dos seus postos de traballo son facilmente localizables, moitos teñen perfís en redes dixitais.

    As accións administrativas e legais estarían moi ben se non estiveran ralentizadas, contaminadas e pirateadas desde dentro até reducir a súa eficacia ao límite. En eso consiste a lawfare que sufrimos e está claro que gaña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O TSXG paraliza o parque eólico Acibal polo descubrimento de restos arqueolóxicos

A xustiza adopta a medida cautelar solicitada pola asociación ecoloxista Adega, que alertou do estrago de petróglifos

O cine familiar, a resistencia cultural das vilas galegas

Santiago Díaz e Concha Candán son propietarios do Cine Avenida en Caldas de Reis, a primeira multisala dun concello galego de menos de 10.000 habitantes

O mapa que revela o territorio galego incompatible coa implantación eólica

Para a elaboración do informe a ONG SEO/BirdLife tivo en conta as figuras de protección e as zonas de alto valor ecolóxico

Laxe dos Bolos, un petróglifo referente da arte rupestre en Galicia

Un libro recolle o traballo arqueolóxico coordinado por Elena Cabrejas Domínguez, arqueóloga do Instituto de Ciencias do Patrimonio