Chega Margit, a primeira cicloxénese explosiva

Chega a Galicia a primeira cicloxénese explosiva do outono. O seu nome é Magrit, segundo a nomenclatura que ofrede a Universidade Libre de Berlín. Ten nome de muller, como corresponde ós anos pares. En 2015, todas levarán nome de home. Na imaxe de Meteogalicia vemos a borrasca achegarse a Europa. O mércores hai alerta amarela na costa e nas provincias de Pontevedra e Ourense. O xoves, a cicloxénese azoutará Galicia, con alerta laranxa no mar e amarela case en todo o país. Magrit chega desde Terranova con moita forza e, con ela, as temperaturas están  a subir, mentres se esperan choivas moi fortes e ventos intensos. Comeza a tempada de cicloxéneses. Foto: Meteogalicia.
Chega a Galicia a primeira cicloxénese explosiva do outono. O seu nome é Margit, segundo a nomenclatura que ofrede a Universidade Libre de Berlín. Ten nome de muller, como corresponde ós anos pares. En 2015, todas levarán nome de home. Na imaxe de Meteogalicia vemos a borrasca achegarse a Europa. O mércores hai alerta amarela na costa e nas provincias de Pontevedra e Ourense. O xoves, a cicloxénese azoutará Galicia, con alerta laranxa no mar e amarela case en todo o país. Margit chega desde Terranova con moita forza e, con ela, as temperaturas están a subir, mentres se esperan choivas moi fortes e ventos intensos. Comeza a tempada de cicloxéneses. Foto: Meteogalicia.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos