Chega a Galicia o aire africano

Predición en mapa para o vindeiro venres 22. Fonte: Wetterzentrale.
Predición en mapa para o vindeiro venres 22. Fonte: Wetterzentrale.

Tras unha primavera especialmente fría e con moita chuvia, a vindeira semana chegará a Galicia unha onda de calor, coa entrada dunha masa de aire africano. As temperaturas estárán por riba dos 30 graos nas máximas en todo o territorio.

O anticiclón vaise situar ao norte da península e desde aí desprazará aire africano. Entre o luns e o venres, o mercurio podería ascender ata os 36 graos en Ourense e os 29 na Coruña. O vindeiro xoves, coincidindo co primeiro día de verán, as temperaturas máximas van superar os 28 graos de forma xeralizada e as mínimas non baixarán dos 17 graos no sur do país.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro