Chega (dende casa) o espectáculo da choiva de estrelas das Líridas

Os meteoros proceden do paso do cometa Thatcher (C/1861 G1) e serán visibles ata finais do mes de abril cando o ceo despexado o permita

Durante a segunda quincena de abril prodúcese a choiva anual de estrelas das Líridas, cando o noso planeta atravesa a nube de partículas que deixou fai máis dun século un cometa. O seu máximo será a noite do martes 21 ao mércores 22 e, con paciencia, poderase ver algunha cruzando o ceo cada 10 ou 15 minutos. Iso si, dende casa.

A choiva de estrelas das Líridas, que parecen proceder da constelación da Lira, pódese observar habitualmente cada ano entre o 16 e 26 de abril. Cando máis se verán neste 2020 será na noite do 21 de abril.

Publicidade

Nesta ocasión, do mesmo xeito que os eventos astronómicos que aconteceron desde que se decretou o estado de alarma polo coronavirus, haberá que ver estas ‘estrelas’ (en realidade non o son) desde casa, e armados de paciencia, pois se espera que apenas poida verse una cada 10 ou 15 minutos.

Os cometas, na súa órbita arredor do Sol, deixan ao seu paso un ronsel de xeo, po e rocas. A Terra, no seu percorrido anual arredor da estrela, cruza estas nubes de pequenas partículas, chamadas meteoroides. Cando estes atravesan a atmosfera terrestre, aparece unha intensa fricción que orixina os espectaculares ronseis luminosos que vemos sucando o ceo.

Publicidade

O rastro dun cometa que pasou en 1861

Durante estes días, estamos a atravesar a nube de partículas que o cometa Thatcher (C/1861 G1) deixou tras de si na súa última visita ao perigeo terrestre, en 1861.

Aínda que é posible que desde mediados ata finais de abril vexamos algún destes meteoros desintegrarse na atmosfera, o máximo da choiva de estrelas terá lugar a noite do martes 21 ao mércores 22 de abril, a partir das 23:00 horas.

Ademais, esa noite, a Lúa nova estará da nosa parte, para facilitarnos a fazaña de ver algunha “estrela fugaz”.

As choivas de meteoros reciben os seus nomes da constelación da que semella que emanan. As Líridas chámanse así porque o seu radiante (o punto do que parecen proceder) atópase na constelación da Lira, que poderemos identificar porque contén á estrela Vega, unha das máis brillantes do ceo nocturno.

Como curiosidade, na película Contact, o sinal extraterrestre que recibe o personaxe interpretado por Jodie Foster provén desde esa brillante estrela. Pero non será necesario que miremos cara a ela para ter a oportunidade de pedir desexos. Abondará con que fixemos a nosa vista nun punto calquera do firmamento e esperemos, pacientemente uns minutos.

Ao longo do ano pode haber ata 50 choivas de meteoros (escintileos de luz que emiten a partículas ou meteoroides), pero as máis significativas son as Cuadrántidas, as Perseidas e as Xemínidas.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica