Cenouras de mar: o coral menos coñecido dos fondos mariños galegos

O mergullador e realizador Pedro Alonso volve publicar unha entrega dos seus vídeos submarinos. Desta volta, nos fondos areosos das Illas Atlánticas

O mergullador e realizador galego Pedro Alonso estase a converter nunha das referencias audiovisuais á hora de divulgar a biodiversidade dos fondos mariños do país. O que comezou para el coma pasatempo está a alcanzar uns niveis de produción case cinematográficos. Nun dos seus últimos vídeos publicados na súa canle de Youtube, Alonso aspira a amosar a riqueza que teñen os solos areosos do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Nel, pódese ver unha especie de coral non moi coñecida entre os galegos e galegas que non son asiduos mergulladores: as cenouras de mar.

É unha das variadas especies de nidarios que podemos atopar nos fondos galegos. Neste caso trátase dunha colonia carnosa de pólipos non calcáreos, de aspecto moi diferente ás corais que estamos afeitos a ver. Pertence ao grupo dos antozoos, cuxo nome significa “animais flor”, isto débese a que durante algún tempo pensouse que eran plantas e non animais.

Publicidade

En conversa con GCiencia, Alonso explica unha situación da que está canso e que lle move a facer estes vídeos: “Cando volves a terra, a xente só pregunta se pescaches ou apañaches algo. Non entenden que podas ir mergullar para observar e desfrutar destes fondos que, ademais, necesitamos coidar máis e mellor”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

España reclama na ONU 500.000 km2 de superficie mergullada ao norte de Galicia

A batalla por esta anexión de territorio líbrase tras anos de expedicións e estudos por parte de expertos do Instituto Hidrográfico da Mariña

As últimas vítimas humanas do lobo en Galicia: pode pasar outra vez?

Varios episodios de ataques de cánidos a persoas rexistráronse nos séculos XIX e XX no país: o último mortal produciuse en San Cibrao das Viñas en 1974

A gran semana contra a malaria: vacinas esperanzadoras e eliminación na China

A OMS certifica que o país máis poboado do mundo está 'libre' da doenza e publícanse os resultados de dúas fórmulas combinadas con fármacos

Un censo sostén que o nordeste de Galicia ten unha das maiores densidades mundiais de lobos

Os biólogos Pedro Alonso, David Martínez e Miguel Hevia constatan a existencia de 16 grupos reprodutores nunha área de 2.900 quilómetros cadrados