Unha nogueira centenaria de Triacastela, nova árbore senlleira de Galicia

O DOG publica a resolución pola que se fai pública a inclusión deste exemplar atendendo ás súas características dendrométricas e á súa singularidade

A Xunta de Galicia incorpora ao Catálogo galego de árbores senlleiras a Nogueira do Camiño Vello (Juglans regia L), no concello de Triacastela, segundo publica este luns o Diario Oficial de Galicia, que salienta as características dendrométricas, a singularidade e a beleza deste exemplar.

A Nogueira do Camiño Vello, con nove metros de altura e sete metros de circunferencia e cunha inclinación de 40º cara ao leste, enraizada directamente na rocha localízase ao carón da Casa da Ponte, vella ferrería onde en 1812 a Xunta Superior de Galicia instalou un hospital de tránsito para atender a soldados enfermos que loitaban contra as tropas francesas durante a Guerra de Independencia.

Publicidade

O seu vasto toro e as súas cavidades, algunhas delas completamente abertas, mostran o inescrutable paso do tempo, as inxerencias do clima e dos insectos que nela habitan.

Unha ferramenta en constante actualización

O Catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, foi obxecto xa de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a posible incorporación de exemplares con valores salientables, como é o caso da Nogueira do Camiño Vello.

Este rexistro público de carácter administrativo inclúe todas aquelas árbores e formacións excepcionais merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección.

Na actualidade, forman parte do Catálogo un total de 184 elementos —145 exemplares e 39 formacións arbóreas— pertencentes a 81 especies diferentes e coa seguinte distribución por provincias:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Seis reliquias da natureza: estas son as novas árbores senlleiras de Galicia

Dúas secuoias, un conxunto de ciprestes, un cedro, unha sobreira e unha formación de camelias son as novas incorporacións ao catálogo

O Pazo de Mariñán convértese en destino Observer de turismo científico

Os seus xardíns, situados á beira da ría de Betanzos, destacan polas camelias e a presenza de árbores senlleiras

Unha tese propón a inclusión de 58 novos rexistros no Catálogo de Árbores Senlleiras

O enxeñeiro Gaspar Bernárdez analiza na súa investigación o estado de conservación de máis de 1.100 formacións distribuídas por Galicia

Os castiñeiros sen fin do Souto de Rozavales

Árbores de moitos centos de anos, como o enorme castiñeiro de Pumbariños, conforman este Monumento Natural no municipio de Manzaneda