
Un cazador alemán abateu en Zimbabue a un dos elefantes máis grandes xamais coñecidos. O feito reavivou a polémica sobre a caza maior suscitada neste país pola morte do famoso león Cecil en xullo, a mans dun dentista estadounidense. “Os cairos do elefante eran tan grandes, cun peso de 55 quilos, que os arrastraba polo chan cando camiñaba”, dixo un membro do Grupo de Traballo de Conservación de Zimbabwe, Johnny Rodrigues. O elefante, de entre 40 e 60 anos, foi morto preto do Parque Nacional Gonarezhou de Zimbabue durante unha “cacería legal”, na que participou un alemán que estaba de safari, informaron os conservacionistas da reserva, no sueste do país e moi próxima a Sudáfrica. Segundo informou o diario británico The Telegraph, o cazador alemán habería pagado uns 60.000 dólares para cazar ao animal.