M16 e a nebulosa da Aguia

Créditos da imaxe e copyright: Jimmy Walker.
Créditos da imaxe e copyright: Jimmy Walker.

Explicación: un cúmulo estelar duns 2 millóns de anos de idade arrodeado polas nubes natais de po e gas brillante, M16 tamén é coñecida como a nebulosa da Aguia. Esta fermosa imaxe detallada da rexión inclúe esculturas cósmicas que se fixeron famosas nos primeiros planos do Telescopio Espacial Hubble do complexo de formación estelar. As columnas densas e poeirentas, descritas como trompas de elefante ou Piares da Creación, érguense preto do centro con anos luz de lonxitude pero que se contraen gravitatoriamente para formar estrelas. A potente radiación procedente das estrelas do cúmulo erosiona o material preto dos cumios e, finalmente, expón as novas estrelas incrustadas. Estendéndose desde a crista de emisión brillante á esquerda do centro hai outra columna poeirenta de formación estelar coñecida coma a nebulosa Fada da Aguia. M16 e a nebulosa da Aguia atópanse a uns 7.000 anos luz de distancia, un obxectivo sinxelo para os prismáticos ou telescopio pequenos nunha parte do ceo rica en nebulosas cara a constelación dividida de Serpens Cauda (a cola da serpe).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo