O investigador Kosuke Morita amosa o Ununtrium.
O investigador Kosuke Morita amosa o Ununtrium.

Os elementos 113, 115, 117 e 118, descubertos nas últimas dúas décadas por científicos rusos, xaponeses e estadounidenses, completan a sétima fila da táboa periódica. Tras ser confirmados pola Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC, polas súas siglas en inglés), ábrese agora o prazo para que os equipos descubridores propoñan un nome e un símbolo para os seus achados.

A nova táboa periódica.
A nova táboa periódica.

“A comunidade científica está ansiosa de que a súa prezada táboa se complete ata a sétima fila. A IUPAC xa iniciou o proceso para formalizar os nomes e símbolos”, indica Jan Reedjik, presidente da división de química inorgánica da organización. Ata que reciban o seu nome oficial serán coñecidos como ununtrium (Uut ou elemento 113), unumpentium (Uup, 115), ununseptium (Uus, 117) e ununoctium (Uuo, 118).

Publicidade

No 2003 un equipo ruso-estadounidense xa mencionou a posible existencia do elemento 113. Con todo, non foi ata 2012 cando o equipo do científico  Kosuke Morita, da Universidade de Kyushu (Xapón), puido confirmar a súa existencia. Este novo elemento é o resultado da desintegración do 115. O elemento 115 existe durante menos dun segundo antes de desintegrarse en átomos máis lixeiros. Segundo a IUPAC, o traballo colaborativo entre científicos do Instituto Central de Investigacións Nucleares en Dubna (Rusia), o Laboratorio Nacional Lawrence Livermore en California (Estados Unidos) e o Laboratorio Nacional Oak Ridge en Tennessee cumpre os criterios necesarios para atribuírlles o descubrimento deste elemento e tamén do 117.

O 117 é o segundo elemento sintético máis pesado da táboa, despois do tamén recentemente incluído 118 e a súa vida é de escasos milisegundos.

Publicidade

Finalmente, o instituto ruso e o laboratorio californiano (tamén implicados no descubrimento dos elementos 115 e 117) son responsables do achado do elemento 118, o de maior masa atómica de todos os sintetizados ata agora. “Estamos entusiasmados con estes novos elementos  e agradecemos a estes científicos o seu minucioso traballo, así como o labor da comisión de comprobación”,  afirma Mark Cesa, presidente deIUPAC.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.