Cancelado o lanzamento da cápsula ‘Crew Dragon’ polo mal tempo

A misión foi abortada a poucos minutos do despegue e cando os dous astronautas da NASA xa se atopaban a bordo da nave

“Non haberá lanzamento hoxe. A seguridade dos nosos astronautas é a nosa máxima prioridade”. Con estas palabras, o director da primeira misión tripulada da NASA coa nova nave Crew Dragon cancelou o lanzamento poucos minutos antes da hora prevista, ás 22.33 horas deste mércores (4.33 pm nos Estados Unidos).

Cando os dous astronautas, Robert Behnken, de 49 anos, e Douglas Hurley, de 53 anos, xa se atopaban a bordo da nave, sobre o potente foguete Falcon 9, a NASA decidiu abortar a misión, que poderá retomarse o vindeiro sábado, cando se abre unha nova xanela de oportunidade para trasladar esta tripulación ata a Estación Espacial Internacional.

Publicidade

En dez anos, Elon Musk rachou coas previsións máis escépticas. Porque moitos dubidaban que a súa compañía SpaceX sería quen de desenvolver un foguete e unha nave espacial para devolver aos Estados Unidos ao espazo,  despois de pasar unha década dependendo da tecnoloxía rusa e das súas naves Soyuz. Pero este mércores esperaban facer historia transportando dous astronautas da NASA ao espazo, o primeiro voo tripulado desde terra estadounidense en nove longos anos.

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, estaba entre os espectadores no Centro Espacial Kennedy en Florida para presenciar o lanzamento, que recibiu luz verde a pesar de meses de peche debido á pandemia de coronavirus.

Publicidade

SpaceX e a NASA lanzan este mércores dous astronautas ao espazo

O programa de tripulación comercial da NASA, destinado a desenvolver naves espaciais privadas para transportar astronautas estadounidenses ao espazo, comezou baixo Barack Obama.Pero o seu sucesor aceptou esta política como un símbolo da súa estratexia para reafirmar o dominio estadounidense do  espazo, tamén no eido militar, coa creación da Forza Espacial, que leva anos facendo probas con naves orbitando a Terra.

Trump tamén ordeou á NASA que regrese á Lúa en 2024, un calendario pouco probable pero que lle deu un novo pulo á axencia espacial. Nos 22 anos desde que se lanzaron os primeiros compoñentes da ISS, só as naves espaciais desenvolvidas pola NASA e pola axencia espacial rusa levaron tripulacións alí.

NASA usou durante anos o programa de transbordadores: enormes e extremadamente complexas naves que levaron a ducias de astronautas ao espazo durante tres décadas. Pero o seu asombroso custo (200 mil millóns de dólares para 135 voos) e dous accidentes fatais finalmente puxeron fin ao programa. O último transbordador, Atlantis, aterrou o 21 de xullo de 2011.

Despois, os astronautas da NASA tiveron que aprender ruso e viaxaron á ISS no foguete ruso Soyuz desde Kazajstán, nunha asociación que sobreviviu ás tensións políticas entre Washington e Moscova.

Pero só pretendía ser un acordo temporal. A NASA confiara a dúas compañías privadas, o xigante da aviación Boeing e a nova empresa SpaceX, a tarefa de deseñar e construír cápsulas que substituirían aos transbordadores. Nove anos despois, SpaceX, fundada por Musk, o empresario surafricano que tamén creou PayPal e Tesla, en 2002, está por fin lista  para o seu lanzamento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira