Así se ven os incendios que asolan Galicia dende o espazo

O Sistema de Observación da NASA mostra claramente os penachos de fume que provocan os lumes do Courel e Valdeorras

As cifras fan tremer. A onda de incendios que está a afectar a Galicia dende o 14 de xullo deixa un longo camiño de destrución ao seu paso. Os últimos datos xa apuntan a 30.000 hectáreas arrasadas, o que supón un novo récord histórico. Os lumes que máis preocupan nestes momentos son o do Courel e o de Valdeorras. Cada un deles destruíu 10.000 hectáreas. De feito, a devastación que deixa tras de si o lume é de tal magnitude que se pode ver dende o espazo. As imaxes de satélite do Sistema de Observación da NASA (EOSDIS) así o confirman. A captura mostra claramente os penachos de fume producidos polos incendios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Das mallas nas viñas á vixilancia nas cidades: novas estratexias para loitar contra a velutina dende Galicia

Unha tese da UDC constata que a xestión da avespa asiática require dun cambio de enfoque porque a súa erradicación xa non é unha alternativa realista

Da robotización á análise de datos: novas tecnoloxías para unha reciclaxe máis eficiente

Un proxecto europeo no que participa o CITIC desenvolve solucións para optimizar os procesos de selección e recuperación de materiais

O quecemento do mar favorece o establecemento do peixe sapo lusitano nas rías galegas

A especie, propia de augas máis cálidas, detectouse por primeira vez en Vigo en 2018 e estendeu a súa distribución cara ao norte, con rexistros recentes en Ferrol

Case 900 mapas sobre a diversidade do galego: este é o atlas dixital que nace de medio século de investigación

O Instituto da Lingua Galega presenta unha ferramenta interactiva que recolle as variacións dialectais en varios territorios galegofalantes