Así se ven os incendios de Asturias desde o espazo

O satélite Copernicus difunde unha imaxe na que se observan as columnas de fume de ao redor dun centenar de focos

Un total de 95 incendios forestais, seguen activos en Asturias. As chamas provocaron o desaloxo de case 400 persoas, o peche de oito colexios e cortes en estradas. Os fortes ventos dificultan as tarefas de extinción das lapas, que tamén afectan a Cantabria, onde permanece activos ao redor de 30 focos.

O desastre é perfectamente perceptible desde o espazo. O satélite Copernicus difundiu unha imaxe nas que se observan as columnas de fume deses lumes, que sobre todo se concentran no oriente do Principado.

Publicidade

https://twitter.com/CopernicusEU/status/1641724739415678976?s=20

As condicións meteorolóxicas, con fortes refachos de vento e altas temperaturas dificultaron a extinción dos incendios, e os esforzos centráronse na protección da poboación e os bens locais, aínda que a situación mellorou nas últimas horas.

As nubes de fume xeradas polos incendios ao sueste de Xixón son visibles na imaxe tomada por un dos satélites Copernicus Sentinel-2 o 30 de marzo de 2023. Os datos abertos permiten monitorear e mapear o impacto dos incendios forestais en todo o mundo

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Campaneiro, coroceiro e muiñeira: unha exposición retrata profesións galegas tradicionais en desaparición

A mostra foi elaborada por máis de 30 estudantes e poderá visitarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata abril de 2027

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos