Así é como unha cría de polbo trata de camuflarse nas profundidades das Cíes

O biólogo mariño Jorge Urcera captura a imaxe dun individuo que levanta dous dos seus tentáculos para facerse pasar por unha alga

O biólogo mariño Jorge Urcera captura unha fantástica imaxe dunha cría de polbo nas profundidades das illas Cíes. O investigador do CSIC consegue retratar o individuo tratando de imitar as algas con dous dos seus tentáculos cara a arriba co obxectivo de camuflarse. As condicións xeográficas e oceanográficas das illas —con altos niveis de nutrientes— derivan nunha elevada produtividade que se traduce nunha enorme biodiversidade mariña. Isto fai que se formen poboacións estables ou mesmo que as súas augas sirvan como camiño de paso.

Ademais dos polbos, os cetáceos forman parte da fauna mariña habitual das Cíes. O enclave tamén conta con especies autóctonas únicas no mundo e outras cuxa principal poboación reside alí. As illas supoñen un punto de cría fundamental para especies en perigo como a gaivota patiamarela, o corvo mariño cristado, o cabaliño de mar ou a bolboreta arlequín.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Congro, ostra e vieira: máis de 60 especies están afectadas polo cambio climático nas Rías Baixas

Unha investigación do Centro de Investigación Mariña analiza o impacto presente e futuro dos episodios meteorolóxicos extremos sobre a fauna mariña galega

Unha campaña confirma a ocupación do castro das Cíes dende a época castrexa á Idade Media

O estudo levou a cabo dúas sondaxes na zona que confirmaron a presenza dun importante asentamento humano previo á chegada dos romanos

Galicia rexistra un 45,3% menos de varamentos en 2025

O Cemma explica que as cifras, a pesar da diminución de exemplares afectados, continúan sendo elevadas e preocupantes para a conservación

100 toneladas de aceite de palma no porto de Vigo: unha vertedura contaminante e nociva para a fauna

Os científicos desminten o carácter “inocuo” para aves e moluscos da sustancia desprendida no accidente portuario, que se extende xa desde Baiona ata Moaña