Zonas inundadas e áreas alcanzadas pola auga: o desastre de Valencia a vista de Copernicus

O programa europeo mostra imaxes de satélite onde se ven as partes anegadas por un fenómeno meteorolóxico catastrófico

O programa europeo Copernicus mostra a través de imaxes de satélite as graves inundacións que sufriu Valencia a causa dunha DINA catastrófica que causou a morte de máis de 200 persoas. As fotos retratan a a provincia o 31 de outubro ás 19.02 horas. Na composición aparece unha lenda a dúas cores: en azul están marcadas as zonas directamente afectadas polas inundacións; en verde claro, aquelas alcanzadas pola auga e que recibiron “trazos residuais” dos anegamentos. Segundo datos de Copernicus, 53.000 hectáreas, 190.000 persoas e 3.200 quilómetros de estradas víronse afectadas.

As inundacións comezaron o 29 de outubro. Provocaron unha “devastación xeneralizada e a tráxica perda” de vidas humanas. Debido ás dimensións do desastre, Copernicus activou o Servizo de Xestión de Emerxencias (CEMS) para proporcionar unha avaliación o máis completa posible a vista de satélite do alcance dos anegamentos nas áreas afectadas.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo de Copernicus alerta do elevado nivel de ozono troposférico no litoral galego

Vén de publicarse o novidoso informe 'Atmosphere Watch' que analiza a contaminación mundial e mide o impacto dos grandes lumes

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

De Flora a Rafael: estes serán os nomes das próximas borrascas que afecten a península

A Aemet presenta a lista para a época de temporais que comeza o 1 de setembro, e que se reservarán para os episodios meteorolóxicos de alto impacto