As 42 imaxes finalistas do Comedy Wildlife coas que escacharás de risa

O certame, que premia as fotografías de animais cun toque de humor, anunciará no mes de outubro os gañadores da súa edición de 2021

A publicación anual das imaxes finalistas do concurso Comedy Wildlife é unha boa razón para sacar un sorriso. O certame, creado no ano 2015 por un grupo de fotógrafos e conservacionistas, foise facendo pouco a pouco un oco nas redes e entre os afeccionados á fotografía en todo o mundo, recibindo miles de propostas cada ano.

Segundo os seus impulsores, o obxectivo de Comedy Wildlife é “ampliar o coñecemento e o compromiso coa conservación da natureza en todo o mundo”. Deste xeito, unha parte dos beneficios recadados na organización do certame van destinados a proxectos de protección de especies en perigo de extinción.

Publicidade

Nesta semana, a organización fixo públicas as 42 imaxes finalistas deste ano, e que podes ver baixo estas liñas. O vindeiro 22 de outubro anunciaranse os gañadores. E unha das categorías é a da foto preferida polo público, pola cal se pode votar ata o vindeiro 12 de outubro. Así que se queres escoller unha despois de velas todas, podes votar nesta ligazón.

E aquí podes velas a un tamaño maior.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

E non podemos aproveitar a auga de tanta chuvia?

As intentas chuvias actuais xeran escorrentías e inundacións que non se aproveitan por falta de infraestruturas e estratexias de captación adecuadas

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país