Aquí están as mellores fotografías científicas de 2021

Un procesador de xeroglíficos, o filtro dunha FFP2 e a Vía Láctea gañan FOTCIENCIA, unha iniciativa impulsada polo CSIC e a FECYT

Unha imaxe vale máis ca mil palabras. Incluso cando falamos de ciencia. Xusto por iso non hai mellor maneira de despedir o ano que botándolle unha ollada ás mellores fotografías científicas. O concurso FOTCIENCIA, impulsado polo CSIC e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) en colaboración coa Fundación Jesús Sierra do Grupo Catalana Occidente, acaba de anunciar as imaxes gañadoras. O seu principal obxectivo: achegar a ciencia á sociedade a través da fotografía.

Máis alá das súas modalidades de participación habituais —Micro, Xeral, Alimentación e nutrición, Agricultura sustentable e A Ciencia na Aula— sumouse unha categoría especial: unha na que se reflicta a importancia da ciencia e da tecnoloxía fronte á Covid-19. Así, os transistores en forma de xeroglífico, un volcán de cores creado por un singular organismo coñecido como “ovas de salmón” ou a intrincada rede de nanofibras dunha máscara FFP2 con algúns dos temas retratados.

Publicidade

Todas as fotografías e textos seleccionados, xunto a outras propostas, incluiranse nun catálogo e formarán parte dunha exposición itinerante que será inaugurada na primavera de 2022. Todas estas imaxes percorrerán museos e centros culturais, educativos e de investigación de toda España ao longo do ano. Cunha soa idea: que a fotografía e a ciencia continúen a camiñar da man no vindeiro 2022.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri