A polémica constelación Starlink pasa sobre Galicia

O tren de estrelas creado polo empresario Elon Musk será visible ás 23.12 horas

O tren de estrelas da polémica constelación de satélites Starlink, impulsada polo empresario estadounidense Elon Musk, poderá verse hoxe nos ceos de Galicia ás 23.12 horas. Será un tren de luces que avanza a gran velocidade no ceo nocturno.

O paso da constelación Starlink será visible mirando cara ao norte, e pasando desde o oeste cara ao leste.

Publicidade

A aparición do que semella un ‘tren de estrelas‘ adoita xerar certa alarma en redes sociais porque constitúe un fenómeno inusual que capta a atención dos que asisten ao seu paso.

O 23 de maio de 2019 a compañía SpaceX, de Elon Musk, lanzou a primeira rolda de satélites do seu proxecto Starlink, un conglomerado de milleiros de aparellos co que pretenden mellorar as conexións de banda ancha en todo o mundo, e ao tempo vender estes servizos a diversos tipos de empresas e institucións. Daquela, a bordo dun foguete Falcon 9, puxéronse en órbita os primeiros 60 satélites, que orbitan a algo máis de 450 quilómetros de altura sobre as nosas cabezas.

Publicidade

A Unión Astronómica Internacional, “preocupada” coas constelacións de satélites

Esta noite, cos ceos maioritariamente despexados que se agardan en Galicia, hai unha oportunidade para velos aquí.

Musk estima que lanzará uns 12.000 satélites que conformarán a rede Starlink. A Unión Astronómica Internacional cre que unha cifra tan grande terá efectos prexudiciais na observación dos astros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía