A NASA cancela o paseo espacial de mulleres por falta de traxes

Este 29 de marzo estaba previsto que as astronautas estadounidenses Christina Koch e Anne McClain realizasen un paseo espacial exclusivo de mulleres. Pero non poderá ser. Porque a NASA recoñeceu que lle falta un traxe espacial de talle mediano, polo que de momento o paseo o vai facer Koch cun compañeiro home.

Ata agora os protagonistas dos paseos espaciais dende a Estación Espacial eran só homes ou equipos mixtos de homes e mulleres, pero a principios de mes a NASA anunciou que por primeira vez realizarían unha excursión espacial exclusivamente feminina. O obxectivo era instalar unhas baterías novas. Pero os plans da NASA truncáronse “en parte” por falta de traxes para as astronautas, segundo recoñeceu este luns a axencia espacial nun comunicado, onde se sinala que McClain “descubriu durante o seu primeiro paseo espacial –que realizou a semana pasada– que o traxe de tamaño mediano (en concreto, a camisa do traxe espacial) quedáballe mellor que a do tamaño grande“. Como de aquí ao venres só estará dispoñible un torso dese talle, este o usará a súa compañeira Koch, que fará a saída ao espazo xunto ao seu colega masculino Nick Hague.

Publicidade

A astronauta Christina Koch (centro) asiste ais seus compañeiros Nick Hague (izquierda) e Anne McClain (dereita).

Pola súa banda, o seguinte paseo de McClain está programado provisionalmente para o 8 de abril. Unha das claves desta zarangallada espacial está no feito de que a NASA non ten o número de traxes que precisaría para facer os paseos espaciais. Os recortes orzamentarios na axencia espacial estadounidense fixeron que lle falten varios talles dispoñibles para o torso e para as pernas. Algúns destes traxes están na Terra en reparación e os que hai dispoñibles na Estación Espacial obrigan a facer encaixe de Camariñas para organizar cada camiñada no exterior.

De calquera xeito, este paseo espacial non era tan importante, malia que a NASA o vendera como un fito histórico. Porque a primeira muller en realizar unha camiñada espacial foi a cosmonauta soviética Svetlana Savitskaya hai 35 anos. Ao longo da historia, máis de 500 persoas estiveron no espazo, pero menos dun 11% foron mulleres. Cando McClain participou na súa camiñada espacial a semana pasada, converteuse na décimo terceira muller en facelo, e Kocha será a 14, segundo a NASA. O seu paseo conxunto terá que esperar.

Publicidade

E aquí podes ler a historia de Svetlana Savitskaya, a primeira muller en dar un paseo espacial:

Sentímolo pola NASA: Svetlana deu o primeiro paseo espacial en 1984

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo