A mellor foto científica do ano en España é galega

Os científicos do CSIC Vigo Lucía Sánchez e Miquel Planas gañan o certame FotCiencia

Foi elixida como a mellor imaxe científica do ano 2019 polo certame Fotciencia. E os seus autores son Lucía Sánchez e Miquel Planas, do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC de Vigo. O protagonista é un cabaliño de mar de 21 días da especie Hippocampus reidi, que vive en augas subtropicais do Atlántico occidental.

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) e o CSIC eran os organizadores do certame, que premiou esta composición viguesa, titulada “A luz cámbiao todo” como a gañadora da modalidade xeral, que está remunerada con 1.500 euros.

Publicidade

Lucía Sánchez é responsable do servizo de microscopía óptica e análise de imaxe do IIM, mentres que Miquel Planas dirixe o grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peces. O seu equipo logrou por primeira vez a reprodución en catividade do Hippocampus guttulatus e estudou as diferentes especies de signátidos no Parque Nacional Illas Atlánticas.

A imaxe gañadora é unha composición de catro fotografas tomadas con diferentes tipos de luz que revelan as particularidades desta singular familia de peces.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri