A lava do volcán de La Palma chega ao mar despois de nove días de erupción

A lingua procedente do volcán chegou á zona da praia de Los Guirres pasadas as 23 horas nas Canarias despois de acelerar a velocidade no último tramo

Arredor das 23 horas da noite en Canarias e a medianoite na península, despois de máis de nove días de erupción, a lava do volcán que xurdiu na Cumbre Vieja da illa de La Palma comezou a caer ao mar, segundo recolleron en directo as cámaras da televisión autonómica canaria e constataron os científicos a bordo do buque Ramón Margalef do Instituto Español de Oceanografía.

https://twitter.com/RTVCes/status/1442973716527271944

Publicidade

Durante estes días de estreito seguimento sobre a coada de lava, nun primeiro momento percorreu a vertente oeste da illa a varios centos de metros por hora xusto despois da erupción. Porén, o arrefriamento do material magmático freou posteriormente este avance durante días. Mais desde a pasada fin de semana, unha lava máis fluída e que avanzou a maior velocidade sobre o material expulsado nos días previos e acabou acadando a costa na medianoite do martes ao mércores nun cantil da parte norte da praia de Los Guirres, cara a onde se desviou a lava despois de rebasar a montaña de Todoque. Neste último tramo, despois de arrasar esta vila, a lingua lávica destruíu un bo número de explotacións plataneiras.

Zona aproximada da chegada da lava ao mar desde o punto da erupción. Fonte: Google Maps.
Zona aproximada da chegada da lava ao mar desde o punto da erupción. Fonte: Google Maps.

O contacto da lava ao mar pode xerar a liberación de gases nocivos e explosións pola, polo que as autoridades manteñen unha área de exclusión para evitar os riscos.

Publicidade

Deste xeito búscase evitar maiores danos que os xa causados en terra, onde a lava destruíu preto de 700 construcións, 21,5 quilómetros de estradas e máis de 270 hectáreas de superficie, segundo os últimos datos recollidos polo sistema de emerxencia Copernicus da Axencia Espacial Europea.

Que pasa cando a lava toca o mar? Risco de nubes tóxicas e explosións

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pódcast | Do sangue á lava: ciencia para predicir fluídos

A matemática e investigadora do CITIC María González Taboada participa no novo episodio de O Descodificador

Así soa a erupción dun volcán dende o espazo

A ESA publica unha sonificación da erupción máis grande do século XXI, a do volcán Hunga Tonga-Hunga Ha'apai hai agora un ano

Que nos ensinou a erupción de La Palma un ano despois

Faise un ano dende que o volcán de Cumbre Vieja comezou a expulsar lava cara ao exterior e non rematou ata varios meses despois

Un proxecto con participación galega estuda os efectos na saúde da erupción da Palma

O profesor da USC Alberto Ruano liderado o estudo, que se centra no impacto que o suceso está a ter en 2.000 persoas e durante os próximos cinco anos