‘Morte Terra’: retrato da Galicia sen galegos

Fotografía da exposición Morte-Terra.
Fotografía da exposición Morte-Terra.

A exposición ‘ Morte Terra’, na que o fotógrafo internacional Matteo Bertolino ofrece unha reflexión visual sobre o proceso de despoboamento en Galicia, poderá visitarse a partires deste sábado 30 en Compostela. O autor, italiano afincado en Galicia, céntrase na realidade do despoboamento na provincia de Ourense, por ser esta paradigma do fenómeno. A través da súa mirada –de estranxeiro nesas terras–, analiza a dualidade galega e fixa a súa atención no que ocorre na parte oriental da comunidade en termos demográficos, sociais e territoriais.

Morte Terra

A mostra reúne unha selección de 25 imaxes situadas entre os xéneros da fotografía documental e de autor, e preséntase como avance dun proxecto no que Bertolino se atopa inmerso actualmente. “ Trátase dun proxecto a longo prazo que pretende culminar coa edición dun fotolibro”, explica o fotógrafo.

Publicidade

‘Morte Terra’ está organizada polo proxecto europeo campUSCulturae, cofinanciado pola Universidade de Santiago de Compostela e pola EACEA Culture Agency, e poderá visitarse Claustro de Fonseca ata o 20 de xuño.

Nado en Turín (Italia, 1977), Matteo Bertolino vive actualmente en Santiago de Compostela, aínda que desenvolve a súa actividade profesional ao longo de catro continentes, en varios sectores. Ten publicado e realizado traballos como fotógrafo para una gran cantidade de medios e organismos, públicos e privados, como La Repubblica, Progreso Fotográfico, Bolivian Express, Shoot4Change, Missioni Consolata, Reportageonline, Tempo, Talentphoto, Il Giornale, Reportage, Promove (Galicia) ou a embaixada de Italia en El Salvador. Ademais, foi galardoado na edición de 2011 dos Humanity Photo Awards (HPA-UNESCO).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla