Desastre ecolóxico no Courel polas fortes choivas tras dos incendios

As abundantes choivas que caeron nos últimos meses na comunidade galega, están a provocar unha deterioración ambiental de grandes dimensións na serra de O Courel. Concretamente nas ladeiras situadas na marxe dereita do río Lóuzara, completamente queimadas tras o incendio forestal sufrido o pasado mes de Xullo.

O biólogo e catedrático Javier Guitián, experto na flora da zona afectada, sinalou que unha boa parte da zona queimada polo lume, unha extensión de máis de 195 hectáreas, non volverá a recuperar a súa cuberta vexetal polo que só quedará a roca aflorada.

Publicidade

courel 3

A aparencia que ofrece agora a área afectada pouco defire do aspecto que presentaba tras a o incendio, que se declarou o 25 de Xullo e tardou catro días en extinguirse. As ladeiras seguen ennegrecidas e sen rastro de vexetación.

As intensas e continuadas choivas que se rexistraron na zona nos últimos meses, non só foron totalmente adversas para o rebrote da vexetación, senón que fixo empeorar aínda más a situación do monte. A forza das augas arrastraron grandes cantidades de terra mesturadas con cinza que se acumulan ladeira abaixo.

Publicidade

A un verán e outono caracterizados por unha sequidade extrema, seguíronlle un inverno e inicio da primavera moi chuvioso. Desta maneira, cando empezaron a caer as choivas, as ladeiras seguían tan desprotexidas como despois do incendio. Isto, unido a unha orografía especialmente abrupta, con ladeiras case verticais e que perdeu por completo a súa cobertura protectora, provocaron un irreversible deterioro ambiental.

Unha orografía abrupta e as fortes precipitacións provocaron o desastre

Os expertos puntualizan que aínda falta moita primavera por diante e que haberá que esperar algún tempo para avaliar mellor o efecto da erosión nas zonas queimadas e o alcance da degradación ambiental.

De acordo cos cálculos realizados polos técnicos da Consellería do Medio Rural inmediatamente despois do incendio, o lume queimou 187,33 hectáreas de monte baixo e unhas oito de zona arborizada. Pero a pesar das súas dimensións reducidas, a perda da área boscosa supuxo un grave dano ambiental. O bosque arrasado, era un importante conxunto de árbores autóctonas, moitas delas centenarias, moi representativo da vexetación da serra. Nas áreas de monte baixo, abundaban diversas especies de brezo, unha cuberta vexetal de gran importancia para reter o chan das ladeiras e frear a erosión.

Tendo en conta o relevo abrupto e completo da zona onde se produciu o incendio do pasado Xullo, pouco podíase facer para paliar os posibles danos ambientais unha vez que o lume quedou extinguido. Nos terreos escarpados que arrasou o lume non era posible aplicar remedios como a colocación de barreiras de palla para frear as escorrentas. Unha solución deste tipo só pode ser efectiva en zonas de escasa pendente.

Polo tanto, o único que podía frear o desastre ambiental era que as choivas dos meses posteriores ó incendio fosen suaves e prolongadas, axudando así á recuperación paulatina da vexetación que compactase o chan das ladeiras. Pero a combinación dunhas condicións orográficas moi complicadas unida a situacións meteorolóxicas completamente desfavorables, foron o detonante do deterioro paisaxístico dunha zona de especial valor ambiental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O investigador dos últimos neandertais de Galicia: “Nin tan brutos nin tan parvos. Eran humanos, coma nós”

O autor do estudo que reconstrúe o clima das Serras Orientais de hai 40.000 anos analiza os desafíos da investigación ante a escaseza de xacementos

O fume dos incendios de Norteamérica cruza o Atlántico e tapa o ceo galego

A fumareda dos lumes que arrasan o oeste de Canadá é empuxada ata Europa e ocasiona unha lixeira bruma en varias zonas da península

Como axuda o cabalo salvaxe na prevención dos incendios de Galicia

As bestas que habitan nos montes son herbívoras e aliméntanse de especies leñosas, o que as converte nun factor fundamental para evitar a acumulación deste combustible natural

A rara bolboreta de orixe glacial da que só hai 900 exemplares en Galicia

A montesa grande, tamén presente nos montes de León e na cordilleira cantábrica, ten poboacións xeneticamente diferenciadas no Courel e na serra da Queixa