A fascinante imaxe aérea da ría de Betanzos

O proxecto Water.Shapes.Earth, do fotógrafo Milan Radisics, retratou o esteiro coruñés e tamén capturou as cores da balsa de Alcoa, en San Cibrao

As formas que a auga debuxa ao deslizarse polo planeta son desde hai miles de anos unha fonte de inspiración para a arte. Desde hai anos, o fotógrafo Milan Radisics percorre o planeta para completar o seu proxecto Water.Shapes.Earth, no que recolle a beleza que pode desvelar o líquido elemento nun enfoque que oscila entre a arte abstracta e o documental. Nas súas viaxes, Radisics tamén parou en Galicia, con dúas imaxes que recollen, por unha banda, o encontro da auga doce co mar; e por outra, a pegada que o ser humano pode deixar a través da súa actividade, alterando o curso previsto pola natureza. Son, respectivamente, imaxes da ría de Betanzos e da balsa de lodos da multinacional Alcoa en San Cibrao.

Ría de Betanzos

Imaxe aérea da ría de Betanzos. Foto: Milan Radisics.
Imaxe aérea da ría de Betanzos. Foto: Milan Radisics.

Na primeira das imaxes, tomada en xullo de 2015, Radisics explica como a marea baixa revela o leito lamacento de pequenos regatos, cunha disposición que lembra ás espiñas dun peixe. O fotógrafo lembra que a zona, situada no esteiro da ría de Betanzos, viuse influenciada pola construción de estanques artificiais construídos no pasado, no que foi un dos centros pesqueiros e comerciais máis importantes do antigo reino de Galicia. Porén, posteriormente os sedimentos que foron enchendo o esteiro dificultaron o tránsito marítimo na zona.

Publicidade

Alcoa

Balsa de Alcoa, en San Cibrao (Cervo). Foto: Milan Radisics.
Balsa de Alcoa, en San Cibrao (Cervo). Foto: Milan Radisics.

A imaxe da balsa de San Cibrao corresponde a outro dos capítulos da obra do fotógrafo, que analiza a pegada humana no planeta. Explica Milan Radisics que “o lodo vermello” da balsa “é un produto de refugallo altamente alcalino, composto principalmente do óxido de ferro que se xera na produción industrial da alúmina (óxido de aluminio) que a multinacional Alcoa transforma na planta lucense.

O resto das imaxes do proxecto poden verse nesta ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Novas filtracións na balsa tóxica de Alcoa: cal é o perigo do lodo vermello?

Os compostos da vertedura, que está a 75 metros das casas máis próximas, xorden da elaboración de aluminio, na que un quilo de alúmina produce dous do refugallo

Por que as choivas previstas serán insuficientes para acabar coa seca en Galicia: “A situación xa é moi severa”

A secura prolongada fai que o solo perda a capacidade de absorber auga, o que provoca escorreduras ante episodios intensos de chuvia

Un mapa europeo alerta da seca extrema e sinala os puntos máis críticos en Galicia

Algunhas das zonas afectadas son Fisterra, Vigo, A Estrada, As Pontes e Valdeorras

Cando a auga deixa de ser o único fogar das biomoléculas

O químico Adrián Sánchez, distinguido co Premio María Miguel 2026 da ECIS, estuda como os disolventes eutécticos poden modificar o comportamento de proteínas e ácidos nucleicos