A casa illada pola erupción de La Palma

Unha imaxe do fotógrafo Alfonso Escalero, do equipo de I Love the World, retrata o avance da coada de lava, que destruíu ata o momento máis de 160 vivendas e 100 hectáreas no camiño ao mar

A erupción volcánica que comezou o pasado domingo na illa de La Palma segue facendo agromar magma á superficie. As coadas de lava diríxense a unha velocidade de centos de metros por hora cara ao mar. Máis de 160 vivendas e máis de 100 hectáreas, entre as que hai cultivos agrícolas e diversas infraestruturas, como estradas, quedaron xa destruídas polo avance da lava. Mais as previsións apuntan a que a superficie afectada aumente, con miles de persoas evacuadas despois do xurdimento dunha nova boca, a preto dun quilómetro da primeira erupción.

A erupción está a deixar imaxes impactantes e moi duras, polas repercusións para moitas persoas que están perdendo os seus fogares ou medio de vida. Entre as fotografías máis destacadas aparece a tomada polo fotógrafo Alfonso Escalero, do equipo de iLoveTheWorld, na que se observa unha vivenda rodeada do manto de lava.

Publicidade

Escalero recolleu estas outras fotografías da erupción.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Así soa a erupción dun volcán dende o espazo

A ESA publica unha sonificación da erupción máis grande do século XXI, a do volcán Hunga Tonga-Hunga Ha'apai hai agora un ano

Que nos ensinou a erupción de La Palma un ano despois

Faise un ano dende que o volcán de Cumbre Vieja comezou a expulsar lava cara ao exterior e non rematou ata varios meses despois

Un proxecto con participación galega estuda os efectos na saúde da erupción da Palma

O profesor da USC Alberto Ruano liderado o estudo, que se centra no impacto que o suceso está a ter en 2.000 persoas e durante os próximos cinco anos