Venres 29 Marzo 2024

A Xunta restablece restricións de reunión e eleva a alerta en 15 concellos

Ourense, Barbadás, O Barco e varios municipios da comarca de Arousa pasan ao nivel alto despois do aumento "explosivo" da transmisión

(en ampliación) – Os responsables da consellería de Sanidade da Xunta de Galicia anunciaron esta mañá as novas restricións que se establecen en Galicia despois do aumento “explosivo” de positivos por SARS-CoV-2 nas últimas semanas, principalmente nos grupos de idade aínda non vacinados. Diante do novo perfil de persoas afectadas (xente nova que presenta, por norma xeral, un curso menos grave da Covid-19), o comité clínico e as autoridades sanitarias acordaron dar paso a un “modelo distinto” de restricións para conter a transmisión do coronavirus, que poderá ir mudando “día a día”.

Así o anunciou a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, na comparecencia deste mércores, poñendo o acento non só na incidencia acumulada, senón tamén na carga asistencial que se observe nos hospitais. Ata o momento, debido á protección da vacina nas persoas de maior idade ou con condicións de risco, este último indicador amosa unha tendencia mellor ca en vagas anteriores.

Publicidade

Con todo, as autoridades manteñen a vixilancia sobre o rápido crecemento da transmisión, que marcou un novo máximo na nova vaga este martes, con preto de 800 diagnósticos. Hai arredor de 6.300 persoas baixo seguimento na actualidade por mor da infección do SARS-CoV-2. Con todo, só 10 delas están na UCI e outras 57, nalgunha unidade de hospitalización. Mais, segundo detallou o conselleiro de Sanidade, parte importante destes ingresos son de persoas menores de 40 anos, mesmo nas UCIs, que non recibiron aínda a vacina.

Así, e neste novo escenario, a normativa que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia e entrará en vigor na medianoite do venres ao sábado contemplará novas restricións:

  • Limitación de reunións no ámbito da hostalaría a un máximo de 10 persoas en exteriores e 6 en interiores. Do mesmo xeito, recoméndanse estes mesmos números no resto de encontros sociais, aínda que o conselleiro de Sanidade avanzou que, se a tendencia segue sendo desfavorable, as restricións poderían converterse en obrigatorias.
  • Nivel alto para os concellos de Ourense, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Cambados, A Illa, Vilanova e Vilagarcía de Arousa. De acordo ás restricións vixentes na actualidade (e pendentes de posibles cambios que se reflectirían no DOG), nestes muncipios pecharase o interior da hostalaría e as terrazas terán unha capacidade máxima do 50%, alén doutras limitacións.
  • Nivel medio nos concellos de Culleredo, Porto do Son, O Carballiño, Sarria, A Pobra do Caramiñal, Marín, Pontevedra, Redondela, Vigo, Caldas de Reis, Salceda de Caselas, Boiro, Ribadavia, Sanxenxo e Poio. Nestes lugares (ademais doutras normas establecidas no decreto vixente) a hostalaría terá limitada a capacidade ao 30% no interior e o 50% no exterior.
  • As probas diagnósticas para acceder aos locais de hostalaría con horario nocturno serán obrigatorias en todos os concellos, estendendo así a obriga que a semana pasada atinxía a concellos en nivel medio.

Na rolda de prensa tamén falou o doutor Pedro Rascado, membro do comité clínico, que advertiu da necesidadade de manter as medidas de prevención. O experto lembrou que “o risco individual” de contaxiarse “segue sendo o mesmo” nas persoas non vacinadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade ordena a retirada dun coñecido fármaco para a diabetes

A AEMPS comunicou que os motivos se relacionan por un defecto de calidade que “non supón un risco vital para o paciente"

Comesaña: "O Centro de Protonterapia tratará pacientes de cancro en 2025"

O conselleiro de Sanidade fala da situación da sanidade galega e dos novos proxectos de terapias oncolóxicas

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T

Funcionan os novos fármacos para deixar de fumar? “Se non cambias a conduta, a posibilidade de recaída é alta”

Mónica Pérez Ríos, investigadora da USC, explica que estes medicamentos teñen unha pauta de consumo de 25 días